15 de Maio del 2011
Cando os libros de historia falen de cómo mudou o noso sistema político dirá que comezou hoxe. En Vigo, como en moitas cidades en toda España e Portugal, miles de persoas sairon ás rúas para reclamar que cese a actual situación de impunidade na clase económica e política.
As seguintes imaxes demostran o éxito da convocatoria, entorno a tres mil persoas, aproximadamente. Moitos máis asistentes que nos mítines políticos dos partidos tradicionais:
Continua leyendo »
11 de Maio del 2011

O vindeiro Domingo saberemos si o noso país está realmente indignado ou non. A mocidade vai sair á rúa nunha convocatoria en múltiples cidades e que está sendo masivamente respaldada nas redes sociais e en todos os eidos de internet. A cuestión é si ese respaldo se vai trasladar físicamente á rúa ou vai quedar nun simple mosqueo diante do ordenador para seguir co habitual conformismo.
Baiona Consciente respalda, se adhiere e concorda coa práctica totalidade do manifesto de Democracia Real Xa!, que pegamos aquí para a súa publicidade: Continua leyendo »
8 de Maio del 2011

O PSOE saiu á palestra cunha proposta que é unha estratexia habitual noutros comicios: o debate electoral. Si ben, é certo que non é unha proposta novidosa, xa que nas Municipais do 2007 xa se celebraron dous, en Baiña e en Sabarís. Daquela nos serviu para que todo o mundo descartase definitivamente a Chicho como un candidato a ter en conta e comprobamos a evolución de Almuiña na súa formación política. PSOE e BNG empregaron ambas ocasións para plasmar as súas directrices estrela e o BNG perdeu moitos votos en Baiña debido a unha encerrona veciñal.
Así, o debate electoral ten un dobre fío, xa que permite que os cidadáns que queren realmente saber das propostas dos partidos non se vexan obrigados a acudir aos mitines electorais, algo que caeu no desuso xa que é un producto de consumo interno e aos que os achegados non queren achegarse por medo a quedar fichados. Continua leyendo »