Baiona ainda non está en rede

Un breve percorrido pola rede nos desanima inmediatamente.

Os partidos políticos non parecen apostar en demasía por internet, velaquí unha breve análise do que nos atopamos:

Partido Popular (PP)

Nen siquer teñen páxina local, o máis cercano que atopamos é a páxina do PP provincial. Se quixeramos enviar un correo electrónico a Jesús Vázquez Almuiña non poderiamos. Se na pasada campaña nos entrase a curiosidade por ve-los seus proxectos, non poderiamos atopar nada.

Partido dos Socialistas (PSOE)

Ainda hai que buscar un pouco. Con Google non aparece nengunha referencia, se buscamos na páxina do PSOE a nivel estatal e se clicamos en candidatos, atopamos unha páxina nomeada carlospena (non seremos sarcásticos, desta vez). A última nova é de Febreiro. De programa, nin rastro.

Bloque Nacionalista Galego (BNG)

O BNG parece que se puxo as pilas en campaña, ten todo o seu programa electoral, o das parroquias e o xeral. Incluso ten inserido vídeos en youtube. Iso sí, non hai novas de antes da campaña e a última subida é o resultado electoral. ¿Deixarán a páxina no esquecemento ou se habituarán a ela como elemento de divulgación? Só o tempo o dirá.

Coalición Miñorana (CMÑ)

O partido empregado por Manolo Vilar para presentarse á alcaldía dispón de páxina propia. Nembargantes, o seu correo electrónico rexeita as mensaxes enviadas, polo que non podemos contactar có candidato. Iso sí, o seu programa electoral está perfectamente detallado e estructurado, cun deseño que o fai bastante sinxelo de consultar. Non contempla unha sección de novas, o que nos fai temer o mesmo que coa do BNG, que simplesmente é un material máis de campaña. A mesma conclusión, xa que logo, o tempo dirá.

De bloges dos candidatos xa non falamos, porque non hai nin rastro.

4 Comentarios

  1. Marta dijo

    21 de Xuño del 2007 a las 19:42

    hola, gustariame estar en contacto convosco baionaconsciente, para intercambiar puntos de vista e comentarios, espero recibir cedo noticias vosas.

  2. Baiona Consciente » Por fin apostamos polas tecnoloxías dijo

    3 de Agosto del 2007 a las 12:18

    […] Desde Baiona Consciente xa destacabamos que a aposta polas ferramentas dixitais tiña que ser a punta de frecha das iniciativas de comunicación entre a Administración e a cidadanía. Así, nunha das nosas primeiras anotacións, xa destacabamos que Baiona aínda non estaba en Rede, falando do seu uso na Campaña Electoral. […]

  3. Baiona Consciente » Blogs e webs dos nosos políticos, ¿péchase o círculo? dijo

    31 de Outubro del 2008 a las 12:21

    […] inicios de BC, concretamenta na nosa cuarta anotación, fixemos unha reflexión sobre a presencia dos partidos políticos baioneses na rede e o resultado […]

  4. Baiona Consciente » Saúdos, GMS dijo

    17 de Xullo del 2009 a las 21:15

    […] Nos inicios de BC lamentabamos que non se empregaran as ferramentas dixitais con maior frecuencia na política municipal baionesa, pasados tres anos e referenciada xa tres veces a nosa cuarta anotación, podemos decir que acadamos un dos nosos obxectivos. Lamentablemente o PP e CMÑ sigue desaparecidos nesta labor, quizáis porque a súa base militante non aposta por este xeito de comunicación ou porque non conten con colaboradores fieis que a activen. Unha verdadera mágoa porque están perdendo unha importante ocasión para demostrar que saben adaptarse ás demandas da súa cidadanía. […]

Comentarios RSS