Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » O coche nos Tendais

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

martes, xuño 26, 2007

O coche nos Tendais

prazasAproveitando que a campaña electoral comezara e que unha boa axuda non viña mal, inaugurouse o novo aparcamento dos Tendais en Maio. Nun alarde de inxenio, se fixeron dúas inauguracións: o aparcamento subterráneo nun día e o novo campo de fútbol noutro.

A verdade é que ter un campo de fútbol de céspede artificial no centro de Baiona é todo un luxo, o que denota a alta potencialidade urbanística do noso Concello. A tradición é mandar as infraestructuras de todo tipo ás aforas, onde o solo é máis barato, deixando o solo do centro para unha especulación moito máis aproveitable.

Neste caso hai que agradecer a decisión municipal e criticar unha iniciativa da oposición, xa que a proposta do PSOE, ademais de ser inviable, afastaba aos rapaces ás aforas, coa conseguinte molestia para os pais que terían que leva-los alí.

O caso é que tras obter preto de 500 novas prazas de aparcamento, ao grupo de goberno se lle ocurre a brillante idea de “humanizar” o entorno dos Tendais. Sería unha iniciativa moi salientable se esa humanización produxese beirarrúas máis anchas cunha maior superficie verde ou unha alameda con bancos á sombra.

O resultado da humanización foi a reducción de prazas de aparcamento en superficie por un número superior a un cento, a instalación de beirarrúas de cemento e unhas macetiñas ao seu redor. O único verde no Campo do Aral é artificial, o verde do terreo de xogo.

A nadie se lle pode escapar o feito de que esta reducción de prazas só pode beneficiar aos adxudicatarios da concesión do aparcamento subterráneo. Será o custe que ten cumprir cos prazos establecidos, un custe que imos pagar todos os baioneses e visitantes que recibamos no Verán. Noraboa, Señores do Concello, unha vez máis esquécense do ben colectivo en favor do ben particular.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 12:47  

1 Comentario »

  1. É unha vergonza que na rúa do Eroski puxeran doble carril e eliminaran prazas de aparcamento. Só puro interés económico.

    Comentario por pentamaster — 26 xuño 2007 @ 13:01

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress