Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » O peaxe da AP-57 pode baixar

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

mércores, xuño 27, 2007

O peaxe da AP-57 pode baixar

AP57Por acordo unánime do Parlamento, a Xunta vai instar a Autoestradas de Galicia para que ofreza unha modalidade de pago reducida aos usuarios habituais da Autoestrada Baiona-Vigo.

A AP-57 é máis coñecida como Autoestrada Vigo-Baiona, debe ser porque se fixo para que os vigueses e demais turistas poidesen vir mellor á súa residencia de Verán e non para que os Baioneses poidesemos comunicarnos con máis fluidez có resto da nosa Comunidade Autónoma.

Se se produxese esta importante reducción, xunto coa instalación de telepeaxes e coa circunvalación do Val Miñor e Baiona, a AP-57 se convertiría por fin no que moitos Baioneses demandaron que fóra cando se construiu. Tiveron que pasar moitos anos ata que se deron conta de que unha autoestrada sen conexión entre os Concellos do Val Miñor estaría infrautilizada. Nestes intres é o acceso a Vigo menos empregado polos cidadáns do Val Miñor.

No Parlamento parece que todos están de acordo agora, o que parece curioso é que o PP votou a reducción dun peaxe que el mesmo impuxo. Dín que rectificar é de sabios, ainda que iso lles valeu para facer recordar a todos que esta medida era unha promesa electoral do PSOE, que ata o de agora somentes cumprira có peaxe do Morrazo.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 12:49  

1 Comentario »

  1. [...] Como xa comentabamos a finais de Xuño, a Xunta ía xestionar a reducción do pago na Autoestrada do Val Miñor. O que non nos dixeron daquela era que os nosos concellos serían os que tiveran que pagar por esa reducción. Resulta que logo nos van a vender o conto como un exemplo de xestión impecable. [...]

    Aviso (Pingback) por Baiona Consciente » Autoestrada para nós — 10 setembro 2007 @ 14:08

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress