Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » ¿Para cando a gardería municipal?

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

xoves, xuño 28, 2007

¿Para cando a gardería municipal?

garderia

Desde que adxudicou o concurso para a construcción da gardería municipal xa pasaron varios anos. A empresa adxudicataria presentou unha oferta con baixa temeraria e o tribunal, naquel momento, primou a oferta económica sobre a calidade do proxecto.

A situación actual é que en Marzo o Concello tivo que sacar a concurso a execución das obras de remate da mesma. A adxudicataria, desta vez, foi Roimer S.A.

Nun principio, o prego de cláusulas establece un prazo de execución das obras de seis meses, o que suporía a entrega da obra a primeiros de Setembro ou Outubro. Se temos en conta que unha vez entregada a obra aínda haberá que acondicionar as instalacións e contratar persoal, poderemos decir cáseque con toda seguridade que os nosos fillos non poderán disfrutar da gardería no curso 2007-2008.

Unha vez solventado o primeiro problema, teremos que abordar outro: ¿concesión ou anexión ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar?

Unha concesión semella a solución máis fácil. O Concello despreocúpase da xestión da gardería e os pais acaban pagando a unha empresa privada por uns servizos que deberían ser públicos.

O Consorcio Galego financiaría un 40% dos custes xerados, tendo que asumir o Concello un mínimo do 30% e os pais o resto. Se cadra ésta é a mellor opción, sobre todo se o Concello asume o 60%, poidendo ofrecer un servizo totalmente gratuito.

O feito é que asumir o 60% dos custes xerados pola gardería é inasumible polo Concello, ainda que unha boa parte podería asumi-la a Deputación Provincial.

Non nos quepa nengunha dúbida que algo terá que ser asumido polos usuarios, sexa polo método da concesión como a través do Consorcio Galego.

Este Consorcio Galego permitiríanos entrar na rede de Galescolas que vén impulsando a Vicepresidencia da Xunta, unha proposta novedosa, pero claramente vinculada ao BNG, o que fai ver cara ónde irán os tiros.

Xa nalgún debate durante a campaña electoral se poideron ver as posturas enfrentadas entre BNG e PP. Un debate, por outra parte, na que non entraron nin o PSOE nin CMÑ. Todo parece indicar que a Administración de Sito Almuiña non quererá incluir Baiona na rede de Galescolas, a pesar de que amplos sectores educativos apostan firmemente por elas.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 13:34  

2 Comentarios »

  1. [...] Por outra parte, lonxe das teorías manipulistas de sectores radicais que consideran as galescolas o medio de manipulación dos nenos hacia posturas nacionalistas, a rede pública galega de garderías é unha iniciativa moi interesante, diso xa falamos alá polo mes de Xuño. Simplemente é unha volta á xestión pública de servizos esenciais á cidadanía. ¿En mans de quen queremos deixar o coidado dos nosos nenos, dunha Administración pública ou dunha empresa privada? Caben moitas interpretacións a esta pregunta, sempre variando segundo o prisma polo que se mire. É un debate que se está a xerar a nivel español coa asignatura de Educación para a Cidadanía, ¿debe o Estado orientar a formación dos nosos fillos? Se nos adentramos máis nesta controversia corremos o risco de enfangarnos coa lama da política máis dura. [...]

    Aviso (Pingback) por Baiona Consciente » ¿Público o privado? — 17 outubro 2007 @ 13:33

  2. [...] tiñamos comentado, máis dunha vez, que era a solución máis adecuada para Baiona, a pesares de que en campaña das Municipais o [...]

    Aviso (Pingback) por Baiona Consciente » Fumata branca — 4 abril 2008 @ 11:18

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress