Pasear entre os libros
Ya vai comezar a Feira do Libro en Vigo. Un acontecemento que todos os asíduos lectores agardan, para navegar entre múltiples postos de librerías emblemáticas que nos achegan publicacións descoñecidas, xunto aos grandes éxitos da temporada. Esta Feira do Libro dará paso logo a unha xoia ainda máis apetecible: a Feira do Libro Usado. ¿Porqué non unha Feira do Libro en Baiona?
Agora que se achega o Verán e Baiona se enche de visitantes, a Concellalía de Cultura presenta o seu programa de actos. Se fixera caso do seu propio nome e velara pola cultura, ¿non debería promover unha Feira do Libro en Baiona?. As datas deberían colocarse nos ocos entre Feiras do Libro de toda Galicia, porque os libreiros tentan acudir a todas as que poidan, sempre que o Concello lles facilite a labor.
Unha Feira do Libro leva consigo múltiples actividades parellas, que a farán máis atractiva para os visitantes e lograrán que as vindeiras edicións se consoliden cun éxito de asistencia e ventas.
En Coruña se promoveu a Feira do Cómic, impulsada por Miguelanxo Prado. Ao principio podía parecer que non triunfaría unha Feira somente adicada ao cómic, agora xa é unha das máis importantes de España.
Poderemos argumentar que as cidades son as únicas capacitadas para organizar este tipo de actividades, pero debemos ter en conta que si Baiona ten a capacidade de organizar a Festa da Arribada, ¿qué diferencias sustanciais de organización hai? Só coa retribución entregada o ano pasado a Avelino Sierra para organizala xa se poderían sufragar os gastos da Feira do Libro.
Pode ser que non creamos que a Cultura vende, que non atrae ao turista, que só un bandullo agradecido volta ao ano seguinte. Apostemos decididamente dunha vez pola Cultura, polo menos iso sería o que tería que tentar a sía Concellalía, outra cousa é que pensemos que o seu traballo é pedir á Diputación que veñan grupos a cantar e con iso temos o traballo feito.
chúzame - 
