Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Mexan por nós… e mexan por nós

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

sábado, xuño 30, 2007

Mexan por nós… e mexan por nós

ladeiraNovamente Portos de Galicia volta a especular có noso litoral. Se primeiro foi o Porto Deportivo de Ronáutica, agora é coa lámina de auga comprendida entre a Doca e o Clube de Iates.

O máis sorprendente é que a Cofradía e o Concello se enteraron polo DOGA. Parece ser que non nin tan siquera informe de impacto medioambiental, nunha zona marisqueira e de baño como é a praia da Ladeira.

Xa, hai algúns anos, a Xunta tentou colocarnos un porto deportico na propia Doca, con pantalán e mesmo unha grúa que estivo inoperativa moitos anos, ata que a retirou o goberno de De la Peña.

Desde Baiona Consciente non nos entra na cabeza como un partido que aplica unha norma transitoria tan protectora como a lei dos cincocentos metros, permite especulación de esta envergadura sobre o litoral.

O Alcalde Sito Almuiña e o Patrón Maior manifestaron a súa repulsa taxante e non descartaron iniciar movilizacións en caso de que o concurso fructifique. Éste contempla a explotación de 38.000 metros cuadrados, cún montante anual para a Xunta duns 32.000 €.

Manolo Vilar tamén expresou o seu rexeitamento, destacando o posible impacto medioambiental. Parece ser que o Concelleiro "chave" colleu agora conciencia ecoloxista desde o seu novo cargo. Debeu ter esa conciencia cando aprobou a elaboración dun emisario submarino como solución ao saneamento de Baiona.
Os grupos da oposición todavía non se pronunciaron, alegando que deberían examinar o proxecto. É paradóxico como cambian os partidos cando os seus compañeiros son os que mandan. ¿Se fora a Xunta de Fraga o que fixera isto ían pararse a examinar con cautela o proxecto ou manifestarían inmediatamente a súa repulsa?

O único exame que hai que facer é examinar a imaxe que o Faro de Vigo inseriu nesta nova, onde se ve claramente que o único espazo libre desde a Doca ata o paseo marítimo sería un pequeno pasillo entre a lámina da polémica e o Clube de Iates e a avenida desde a punta da Doca ata o Porto Pesqueiro.

A intención do goberno municipal é levar a Pleno a redacción dun estudio medioambiental que evalúa o posible impacto da proposta. Contan con ter o respaldo unánime de todos os concelleiros. Xa veremos como reacciona a oposición e se ten o valor de postularse fronte os compañeiros de partido en Santiago, como fixera o BNG nas inundacións de Sabarís.

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 11:45  

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress