Deporte e prioridades
O Clube de Baloncesto Mario Puentes de Baiona acadou o título de liga nas categorías de alevín feminino, que ademais alcanzaron o título de campionas galegas na súa categoría.
Os logros desta entidade que apenas ten cinco anos de historia non quedan aí, posto que ademais quedaron subcampións de liga cadete masculino e logrado a permanencia do equipo senior en primeira división. Conseguiu catro títulos de copa e dez xogadores foron seleccionados pola Federación Galega de Baloncesto para disputar o campionato de seleccións zonais. (Extraido da Voz de Galicia).
Estes logros supuxeron que o Concello lles correspondese coa maior subvención posible a entidades rexistradas no Rexistro de Asociacións do Concello de Baiona: 1.200 euros.
Estes mil douscentos euros supoñen unha media de dez euros por xogador de baloncesto incrito no Clube de Baloncesto.
Somentes cun par de viaxes en autobús, esa subvención esgótase. Participar nun campionato galego supón un importante desembolso económico e, grazas a diversas empresas que colaboran coa entidade, vanse cadrando os números.
Dous dos fundadores do Clube de Baloncesto, Manuel Ángel Bouzas e Javier López, son os artífices deste miragre. Manuel é entrenador no Clube e Javier é o responsable de Deportes do Concello. Sen eles o miragre do baloncesto no se estaría a producir no noso Concello.
Namentres, o Concello vólcase có Erizana, dándolle subvencións que quintuplican ás do Clube de Baloncesto Baiona, tendo máis ou menos o mesmo número de rapaces na súa escola deportiva.
¿Cándo imos deixar de levarnos polo furor do “deporte rei” e imos ser obxectivos dunha vez? Isto nos leva a destacar o labor dos Clubes de Bolos Celtas, un deporte tradicional que non se está a coidar desde a Concellalía de Deportes. Se non existisen no noso Concello, ainda poderiamos xustificar que non se xerasen iniciativas para a súa promoción, pero habéndoos, e coa importancia que teñen a nivel galego e, incluso, internacional, non sabemos como poden estar tan esquecidos.
Que Baiona non teña un Clube de Traiñas é outra eiva do deporte municipal. Xa hai tantos anos que se intentou, que cáseque nadie se debe acordar, pero xurdira unha iniciativa que impulsara a súa creación, fracasou. Desde o Concello debería tentarse con forza que Baiona estivera representada nas bandeiras máis importantes de Galicia, como pobo mariñeiro que é. Outra cousa sería que chegase a bo porto, pero non poderiamos votarlle a culpa á desidia dos nosos dirixentes.
No deporte hai moito por facer, a pesares de que moito se fixo desde a dirección técnica de Javier López, concellal encuberto de Deportes, que lle da cáseque todo feito ao Concellal de turno, cun esforzo renovado e un reparto equitativo dos recursos, pódense acadar grandes metas. O éxito do deporte baionés non debe cimentarse só en que o Erizana ascenda de categoría.
chúzame - 

[...] Hai moitos anos que se tentou constituir un Clube de Remo en Baiona. Concretamente un Clube de Traiñas. Xa falamos nunha das nosas primeiras anotacións do interesante que sería para Baiona que se voltase a retomar a idea, porque daquela non triunfou por dúas circunstancias: falta de apoio institucional e desidia dos baioneses. [...]
Aviso (Pingback) por Baiona Consciente » De excursión a outros concellos — 23 agosto 2007 @ 13:00
[...] Xa tiñamos dito hai moito tempo que o clube de baloncesto sufría continuamente un agravio comparativo no noso concello. É a entidade deportiva co mellor programa de actividades que se poda levar ún á cara. Prácticamente faille o traballo á Concelleira de Deportes, que somentes ten que pór os cartos e nin para iso parece valer. Tendo igual ou incluso maior número de rapaces e rapazas nas súas categorías, recibe unha miseria de axuda municipal (o tope de 1.200 € daqueles 21.000 € que falabamos cando o da Feira de Abril), cando o Erizana ten un “convenio” que se como ao redor de 18.000 € dos orzamentos municipais. Non podemos falar de cifras exactas porque a ninguén se lle ocurriu a inxeniosa idea de colgar en internet os orzamentos municipais. [...]
Aviso (Pingback) por Baiona Consciente » Ata na ponte levamos disgustos — 2 maio 2008 @ 11:12