Certa unión, parece ser
O título mostra a precaución coa que temos que acoller a nova de que toda a Corporación se demostrou de acordo en reclamar á Xunta que retire o concurso sobre a lámina de auga situado entre a Doca e o Clube de Iates.
Somentes o PSOE tivo que lidiar coa dificultosa tarefa de non contradecir aos seus compañeiros de partido. Botándolle a culpa ao anterior goberno da Xunta parece que serviu desta vez. Esta excusa pronto se lles vai esgotar aos socialista, semella parello a aquela anécdota-lenda urbana protagonizada por Nikita Jrushchov:
Cando Aleksei Kosygin sucedeu a Nikita Jrushchov éste lle dixo:
- Déixote dous sobres, o primeiro ábreo cando teñas o primeiro problema grave que non poidas resolver. O segundo ábreo cando teñas outra vez un problema semellante.
Chegou o caso en que Kosygin tivo que recurrir ao primeiro sobre, nel había unha soa frase: "Bótame a mín as culpas". Cando chegou o segundo problema, abriu tamén o segundo sobre, nel puña: "escribe dous sobres coma éstes".
A anécdota nos desvía algo do tema, pero trae a colación o irrefrenable desexo dos políticos de culpar a mandatos pasados erros presentes.
BNG e PP voltaron a coincidir na base do problema, adheríndose rápidamente o PSOE, por non quedar só ante o perigo.
Manolo Vilar voltou a facer o papel de malo da película, culpando ao PSOE de perxudicar ao Clube de Iates, favorecendo a Ronáutica. Pensa o ladrón que son todos da súa condición, porque todo parecía indicar que máis ben a lámina de auga tiña como destinatario o "Monterreal Club de Yates", debido á súa proximidade con ela.
Capítulo aparte mereceu a solicitude de consideración de Baiona como zona de gran afluencia turística, ampliándose os horarios en Verán ata as dúas da mañá e ás 12 no Inverno. A medida sería correcta se os horarios se cumplisen. Sería un Verán de risa cós locais de copas pechados ás 2 da mañá. Esta medida refírese á ampliación de horarios no comercio, non afectando á actividade hosteleira. Neste caso, haberá unha evidente consecuencia: empregados sobre-explotados (anotación modificada grazas á colaboración de pentamaster).
Agora vaise producir un certo relaxamento, debido ao período vacacional. Agosto é tradicionalmente un mes de relaxo a nivel político, o que non quere decir que Baiona Consciente non vaia contribuir a xerar opinións durante estas datas. Ao contrario, desde a tumbona na praia nos xurdirán renovadas ideas e aportacións moi proveitosas, só agardamos que estes días de relaxo servan para que os nosos lectores habituais fagan unha boa labor de divulgación e comecen a soltarse, escribindo comentarios con máis asiduidade. Xa temos unha media de quince visitas diarias, cáseque sen máis publicidade que o boca a boca e internet. Axudádenos a crear consciencia política en Baiona, é o que merecemos.
chuzame - 

No parágrafo que falas da ampliación de horarios, refírese ao comercio. Non afecta aos locais de copas. Iso quere decir que as tendas de roupa e demais poden abrir ata as 2 da mañá. Unha loucura.
Comentario por pentamaster — 10 xullo 2007 @ 12:03
Tes razón, editarei o parágrafo. Grazas polo apunte. EDITADO.
Comentario por baionaconsciente — 10 xullo 2007 @ 20:35
[...] Como xa comentabamos nunha anotación anterior, todos os grupos políticos do Concello se manifestaron en contra do Concurso para a explotación da lámina de auga comprendida entra a Doca e o Clube de Iates. [...]
Aviso (Pingback) por Baiona Consciente » A voltas coa lámina de auga — 28 xullo 2007 @ 13:26