Empezamos ben

Como xa dixemos, comezou o Verán en Baiona. Non hai onde aparcar, hai colas en todas as tendas, comezan as bocinas a soar a todas horas polas rúas, desde as parroquias tardamos un feixe de tempo en chegar ao centro. Todo polo ben común dun Concello volcado có sector servizos.

O que non poderemos aturar é que porque chegue o Verán, teñamos que comezar a incrementar o control policial dun xeito increible.

Onte mesmo, membros da GRUMIR de Nigrán tiveron que vir a sofocar un pequeno incendio provocado en Santa Marta e na Ladeira. Uns desalmados prendéronlle fogo a uns colectores nesta zona. Con esto non queremos decir que sexan os turistas os desalmados, somentes que é chegar o Verán e se producen multiples casos coma éste.

A relación alcohol-vandalismo parece ser a causa máis evidente. Todos pasamos algunha vez polo parque da Palma un Domingo pola mañá calqueira. Os veciños poden certifica-lo.

O botellón en sí se produciu sempre en Baiona, sobre todo no Verán. Os rapaces máis mozos non teñen moitos cartos e, xuntando entre todos, a festa sae moito máis económica. O euro acentuou moito máis a diferenza de prezos e a moda se extendeu como a espuma.

O feito de que se extendese esta práctica tampouco é eximente da perda de civismo. Se non hai papeleiras próximas, sempre se poden trasladar os refugallos un pouco máis lonxe. Neste punto cabe unha maior colaboración das autoridades municipais, facilitando puntos de residuos e de reciclaxe (a maior parte dos residuos son plásticos e cristal). O increible é que estes mesmos rapaces que propugnan e defenden a berros o seu dereito a divertirse, coartan a futura diversión de pais e fillos en zonas que logo quedan coma un campo de batalla, con todos os residuos tirados e con múltiples anacos de cristal esparcidos (a moda parece que é escachar as botellas contra todo obxecto duro que se atope).

Unha convivencia pacífica e saludable nos permitirá disfruta a todos de Baiona, de día e de noite. Non enfrentemos os dous modos de vida, porque non son incompatibles.

Queremos destacar, como remate, que nesta anotación non queremos vincular exclusivamente o incidente dos colectores có alcohol, senón que se tenou aproveitar o feito para sacar a colación un tema moi polémico e candente no Ver´ñan. É probable, incluso que próximamente sepamos algo sobre a autoría do acto vandálico e pode que non teña que ver nin coa afluencia de turistas nin có botellón.
Unha futura anotación tratará o tema do Casco Vello, pero iso xa será noutro momento.

2 Comentarios

  1. Baiona Consciente » Empezamos ben (e 2) dijo

    24 de Agosto del 2007 a las 13:18

    […] Aló polos primeiros de Xullo xa comentabamos que certos actos vandálicos importunaban á cidadanía no comezo do Verán. Hoxe voltamos a enterarnos que o botellón provoca destrozos no paseo de Monte Boi e que un bárbaro destrozou a barreira do Peirao. […]

  2. Baiona Consciente » Incidentes de inverno e incidentes do verán dijo

    3 de Xullo del 2008 a las 21:43

    […] Por outra banda, inauguramos os incidentes estivais co rescate dun náufragos en moto acuática. Realmente ésta é unha nova bastante máis simpática que a anteriormente mencionada ou a que tratamos o ano pasado, que consistía no incendio duns contenedores na praia de Santa Marta. […]

Comentarios RSS