Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Iniciativas cara un PEPCHA mellor

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

mércores, xullo 11, 2007

Iniciativas cara un PEPCHA mellor

concello baionaO Goberno de Baiona comeza a preparar a chegada do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico Artístico. Tres medidas en apenas unha semana inciden directamente no Casco Vello.

Primeiro nos chegou a nova de que o lixo non se vai poder depositar en toda a zona, logo que se van poñer en marcha os controles de acceso en vehículo rodado a través de cámaras de control de matrículas e, finalmente, a reordenación de terrazas.

Semella que desde o Goberno se queren facer chegar as medidas que vai acordar o Plan de Protección dunha forma progresiva e non traumática. Desde Baiona Consciente creemos que unha das medidas máis importantes que habería que tomar no Casco Vello é a recuperación de vivendas en estado ruinoso e o soterramento definitivo de todo o cableado aéreo e en fachadas. Esta segunda medida debe contar coa colaboración de empresas privadas coma Fenosa e Telefónica, o que pode dificultar a súa plena execución.

O PEPCHA suporá o recoñecemento por parte da Xunta de Galicia do Casco Vello de Baiona coma Área de Rehabilitación Integral (ARI), o que incluiría unhas importantes subvención para rehabilitación de vivendas. Iso sí, non nos enganemos, os propietarios desta zona a conservar van ter unha serie de inconvintes. Estas rehabilitacións haberán de seguir unhas recomendacións estéticas moi concretas e van reducir as posibilidades de incremento de volumen. ¿Que quer decir isto? Pois que a política de "todo vale" que antiguamente permitiu Manolo Vilar (a súa postura sempre foi permitir un incremento a dúas prantas máis aproveitamento de baixo cuberta en calquiera reforma) vai deixar de aplicarse.

Así mesmo, os propietarios de locais de copas poden sufrir unha serie de inconvintes. Ainda está por ver, pero a primeira tentativa sería ubicar estes establecementos de hostelería fóra do ARI, a través dunha serie de compensacións. O problema vai ser que se pode provocar unha reacción en cadea coma a que viviu Manolo Vilar sendo Alcalde. ¿Que pasará entonces? Pois que haberá que recular e deixar as moitas licencias irregulares existentes na mesma situación que agora. O que non se lles vai a perdoar aos hosteleiros é unha dinámica estética en común. Isto quere cecir, terrazas, sillas, sombrillas, carteis e demais ornamentación exterior acordes aos dictames do PEPCHA.

Sen dúbida o noso Casco Vello é un importante potencial turístico que debemos coidar e que lle pode dar solera ao noso Concello, non podemos deixar que meros intereses turísticos desboten esta posta en valor do noso patrimonio, pero tampouco podemos castigar a un sector do empresariado que dinamiza tanto a economía local. ¿Quen ten que asumir esta problemática? Pois o PP, para iso asumiron a responsabilidade de goberno. A oposición parece estar moi pola labor de cooperar.

Xunto có PXOU, o PEPCHA é unha das bazas máis importantes que ten o Goberno Local nesta lexislatura, agardemos aos feitos, se o fan ben, lograrán unha importante consolidación das súas posturas, se estropean esta oportunidade, PSOE e BNG estará á primeira oportunidade para facer leña da árbore caida.

Ligazóns á novas relacionadas:

Lector de matrículas

Reordenación de terrazas

Recollida do lixo

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 19:06  

1 Comentario »

  1. [...] Como xa apuntabamos nunha anotación anterior, a medida de non recoller o lixo na Casco Vello ía traer consigo máis dunha queixa, coma así foi. [...]

    Aviso (Pingback) por Baiona Consciente » O lixo como controversia — 23 xullo 2007 @ 14:13

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress