Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Entremos na APLU

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

xoves, xullo 19, 2007

Entremos na APLU

Non cabe dúbida de que a todos os baioneses nos ten moi intrigados a próxima presentación do Plan Xeral de Ordenación Urbana. Moitos podemos estar afectados en maior ou menor medida por decisións que se vexan reflexados nos planos e ordenanzas que se preseten, non só pola incidencia que poidan ter en fincas particulares, senón polo modelo de Concello que xurda del.

Tampouco se nos escapa que moitos tiburóns inmobiliarios están ao acecho de tan suculento bocado coma é o literal baionés.

O que non podemos permitir é que Baiona se convirta na Marbella galega e que por meros intereses económicos duns poucos, se permitan atrocidades urbanísticas que noutras ocasións non poidemos evitar.

Así, ao igual que o solicitou Nigrán, Baiona debe entrar na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, como garante da necesaria transparencia nas actuacións urbanísticas que se desenvolvan en solo baionés. Non sumarse a esta iniciativa suporía unha sombra de dúbida no común da xente sobre a actitude do grupo de goberno fronte á problemátiva de vivenda e protección paisaxística que precisamos en Baiona.

Máis información, na web da Consellería de Política Territorial.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 10:41  

1 Comentario »

  1. [...] non manda no PP nin unha décima parte do que supoñamos todos. Xa hai tempo, aló polo Xullo do ano pasado que consideramos necesario que Baiona cedese as tarefas de inspección urbanística á Axencia de [...]

    Aviso (Pingback) por Baiona Consciente » Recaderos — 25 xaneiro 2008 @ 11:21

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress