Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Mañá hai Pleno

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

mércores, xullo 25, 2007

Mañá hai Pleno

Como xa é habitual, mañá Xoves haberá Pleno, a partires das 12 da mañá. Como todos sabemos, nadie en Baiona está a traballar a esa hora, polo que o Concello nos facilita a posibilidade de que poidamos acudir a él e escoitar as opinións e actuacións dos diferentes grupos políticos.

Ironías aparte, lamentamos non poder informar máis que  que se van a debatir os Orzamentos para o 2007. Decimos lamentamos porque non sabemos que puntos da orde do día haberá, xa que nen na prensa nen na páxina web do Concello se nos informa do tema.

Supomos que, aparte dos habituais "Lectura da Acta anterior" e "Rogos e Preguntas", se debatirá a moción que presentou o BNG, sobre o candente tema da retirada de zonas de aparcamento ao redor do aparcamento subterráneo dos Tendais, que se rexeitou por non estimarse a súa urxencia (xustificada pola problemática que está a traer no Verán). Por se non queremos caldo, xa temos sete tazas, xa que agora tamén se prohibe aparcar en toda a praza de Santa Liberata, medida, por outra parte, moito máis lóxica.

Mañá saberemos un pouco máis qué se debatiu no Pleno e, o máis importante, todos debemos estar alí.

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 10:13  

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress