Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Máis cara que espalda

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

venres, xullo 27, 2007

Máis cara que espalda

Onte, como xa avisabamos nunha anotación anterior, celebrouse o Pleno Ordinario do Concello.

Se debatiron sete puntos da orde do día, pero o máis salientable foi que o BNG, como medida de presión, abandonou a sala de plenos, xa que, sorprendentemente, o Alcalde non incluiu a moción que presentaran para debatir a recuperación das prazas de garaxe "roubadas" no entorno dos Tendais.

É curioso como un acto tan irregular, pero amparado polas leis, como non incluir unha moción da oposición, e a correspondente resposta por parte dos agraviados non reciba a correspondente publicidade nos medios de prensa escrita.

Todo se viu solapado por dous puntos moir importantes:

1º.- Debate dos Orzamentos do 2006

Somentes os técnicos poderían desentrañar todo o contido deste pesado documento que expón un orzamento de 7,2 millóns de euros e no que se reflexan pagos de facturas emitidas no 2004. O Alcalde dixo que o total do orzamento é sensiblemente inferior ao anterior xa que non se contemplan as aportacións a inversións doutras administracións, como a Xunta e a Deputación Provincial.

2º.- Recuperación da xestión da aparcamento soterrado da Palma.

Se aínda lle quedara un mínimo atisbo de vergonza, Manolo Vilar se calaría e deixaría pasar este punto sen máis pena que gloria, pero non. Non lle chegou con enfrentar a todo o Concello, dividir a moitas familias e crear un cisma que mesmo ata agora afecta ás relacións entre partidos e impide un normla desenrolo da vida pública en Baiona.

Moitos avisaran do pelotazo que se estaba a producir cando se produxo o conflicto da Palma, xa van por vinte anos daquelo, todos sabían a empresa concesionaria non era máis que unha tapadeira que non tardaría moito en desaparecer. OS feitos se foron sucederon, se cometeu un atropello sen precedentes e os Tribunais deron a razón aos defensores da Palma. A sentencia establecía a posibilidade de derrube da obra.

As consecuencias políticas nunca se produxeron e o home que se emperrou en sacar todo adiante, a pesar dos pesares e facendo valer o seu apodo, seguiu na política como se non pasara nada.

Non contento con iso, no 2007 nos espeta na cara que, como querían os baioneses, a "Palma é nosa". Iso sí a un prezo módico que rondará un par de millóns de euros.

Deberiamos ocupar a casa de Manolo Vilar, tirala abaixo, facer unha nova, non pagar as facturas e, namentres, alugala. Logo de 20 anos lle devolvemos a propiedade aos seus fillos, iso sí, a cambio de 600.000 euros. ¿Sería xusta a actuación? Pois iso fixo coa Palma o peor Alcalde que tivo en democracia o noso Concello. Afortunadamente moita xente do PP o sabe e non quere nin saber nada de tratar con el. Só a súa astucia e a torpeza do dúo PSOE-PP fixeron posible que seguira metendo a man onde nengún político do seu calado debería ter acceso.

A chulería deste personaxe non ten parangón, pero, lamentablemente, teremos que aturalo como mínimo catro anos máis e logo, teremos entre todos que lograr que siga o camiño de Chicho.

En conclusión, o Concello de Baiona terá que abonar as débedas contraidas por outros para recuperar a concesión, logo poderá sacar a concurso novamente a concesión, ou xestionar publicamente a súa administración. Calqueira das opcións son complexas, xa que é un servizo a todas luces deficitario.

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 13:50  

3 Comentarios »

  1. [...] Como xa comentabamos, no pasado Pleno o Alcalde non considerou oportuno incluir a moción do BNG sobre a recuperación das prazas de aparcamento ao redor do Aral e Tendais. [...]

    Aviso (Pingback) por Baiona Consciente » Melloramos a calidade de vida dando voltas por Baiona — 2 agosto 2007 @ 14:27

  2. menuda pandilla de rojos que sois

    Comentario por jose — 6 febreiro 2008 @ 17:20

  3. Xa podemos decir que somos un blogue ao 100%, porque xa nos saiu o primeiro troll da nosa andaina. Gracias Jose pola túa contribución, pero a próxima vez tenta argumentar un pouco máis os teus argumentos, para que podan ser discutidos.

    Comentario por baionaconsciente — 7 febreiro 2008 @ 13:47

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress