A voltas coa lámina de auga
Como xa comentabamos nunha anotación anterior, todos os grupos políticos do Concello se manifestaron en contra do Concurso para a explotación da lámina de auga comprendida entra a Doca e o Clube de Iates.
Tamén abordamos a problemática cando saiu á palestra, manifestando as posicións dos distintos afectados pola polémica decisión.
Agora, a Xunta parece facer caso omiso ao clamor político, incluso do propio PSOE, que é o partido no que recae a responsabilidade de Portos de Galicia. O propio Portavoz Municipal do PSOE se enfrentou ao seu partido, xesto que lle honra, e recibiu múltiples presións para que non apoiara a moción presentada polo Alcalde.
Agora, parece que esas presións poideron máis que anteriormente e o PSOE de Baiona se desmarca da convocatoria de manifestación que xurde desde o Concello.
Todos os grupos políticos con representación no Concello, excepto o PSOE, e a Cofradía de Pescadores decidiron convocar unha manifestación en contra da explotación privada dunha lámina de auga que agora mesmo é zona de marisqueo e fondeo de abrigo.
¿Pero porqué tanta polémica con todo isto? Como non podía ser doutra forma, a raíz do problema é unha cuestión económica. Este concurso parece ser que está feito á medida de Ronáutica, fortemente vinculada ao PSOE, e deixa en desventaxa ao "Monterreal Club de Yates", que explota irregularmente varios mortos na zona.
A verdade é que hai dúas premisas inexcusables:
- Portos de Galicia ten como mandato regularizar todos os amarres dos portos galegos, erradicando o descontrol existente.
- O principio de transparencia debería presumirse nun concurso público.
Ante un concurso público, non se pode denunciar que se favorece a unha empresa privada concreta, se non ha i probas en contra. Se o "Monterreal Club de Yates" quere explotar esa lámina de auga, somentes ten que presentarse ao concurso e presentar unha mellor proposta que Ronáutica. Se logo a resolución é inxusta, xa sería outra cousa.
A cuestión non radica só en se o concurso é tendencioso ou non, a cuestión é si a bahía de Baiona non está xa excesivamente saturada de fondeos, apartando aos mariñeiros do mar. Baiona non pode perder o seu sentido mariñeiro para deixar que visitantes de fora copen os nosos recursos.
É por iso que cada baionés debe xuzgar os pros e contras desta situación e valorar se cómpre acudir á convocatoria da manifestación , que será o vindeiro Venres ás sete da tarde. No Faro de Vigo destacan que este fin de semana saberemos máis detalles da citada convocatoria. Agardaremos novidades.
chuzame - 
