Removendo a conciencia ecolóxica

Desde o BNG non se da tregua nin no Verán e nos sorprenden por estos días con dúas denuncias moi ecoloxistas no seu contido.

Ademais, acaban de pór en funcionamento o seu propio bloge, feito que celebramos con grande satisfacción. Somentes agardamos que cunda o exemplo e os demais grupos municipais sigan o mesmo camiño, ou polo menos similar.

Estas dúas denuncias consisten no abandono á súa sorte dun bidón na costa de Baredo e un indiscriminado vertido de escombros na parroquia de Baiña.

A continuación deixamos os enlaces ás anotacións no seu bloge:

Bidón en Baredo.

Escombros en Baiña.

Estas dúas actuacións fannos pensar que quizais algún membro ecoloxista da agrupación nacionalista é o que impulsou estas iniciativas, apartando da primeira liña actuacións nacionalistas menos “populistas” como as denuncias urbanísticas. Aínda que neste último caso imos ter dabondo ao longo do vindeiro ano, coa aprobación do PXOU e o PEPCHA.

Polo de agora, non se teñen pronunciado sobre se asistirán ou non á manifestación que convocou o Concello e a Cofradía de Pescadores contra o concurso de Xunta sobre a lámina de auga na Doca. Ésta pode ser unha proba de fogo tanto para o BNG como para o PSOE, que poden demostrar se actúan con autonomía ou simplemente acatan as ordes que lles veñen de Santiago. Se o BNG segue con esta liña “ecoloxista” e quere ser coherente, debería secundar a manifestación, senón, quedará en evidencia.

Máis difícil o terá o PSOE, que terá que enfrentarse directamente con compañeiros de partido nesta loita.

Sobre o tema que nos traía hoxe, a denuncia do bidón en Baredo semella máis un conflicto de competencias que unha deixadez. ¿Quen debe retirar o bidón? ¿O Concello ou Costas? O caso é que se nos descuidamos un pouco, acabará sendo parte da paisaxe e acabaría reciclándose como “Monumento nas Rochas á deixadez da Administración”. De todo os xeitos, semella que non hai nengún tipo de perigo ecolóxico nin para a seguridade de ninguén, xa que non se fala de vertidos no mar nen está nunha zona de baño.

O caso dos escombros en Baiña xa leva outro camiño. É curioso, pero non se podería falar de “vertidos incontrolados”, cando se producen a carón dun Punto Limpo e por indicacións de responsables do mesmo e a instancias da Comunidade de Montes.

Poderiamos entender que se foran somentes escombros, se poideran consentir os vertidos, xa que parece que a Comunidade de Montes quería aproveitalos para facer un recheo. O caso é que mesmo na foto que facilita o BNG, se ven portas, neumáticos, unha táboa de pranchar vella e pólas de árbores. Non semellan éstes materiais adecuados para un recheo, sen considera-lo unha infracción medio-ambiental.

É unha pena que a Comunidade de Montes de Baiña cometa erros de bulto deste calibre, xa que noutros casos ten manifestado importantes iniciativas, como a proposta de enlace na Autoestrada, por pór só un exemplo.

O caso é que estas denuncias, a pesar de ter certa relevancia informativa nos medios, non obtiveron unha resposta pública das partes afectadas, o que nos fai pensar que non quede en máis que nunha anécdota.

2 Comentarios

  1. Marcote dijo

    5 de Agosto del 2007 a las 23:22

    Grazas por enlazarnos e noraboa pola vosa iniciativa.

  2. Baiona Consciente » A grandes problemas, grandes solucións dijo

    27 de Agosto del 2007 a las 22:59

    […] Xa tiñamos comentado o fervor ecoloxista que tiña amosado recentemente o BNG de Baiona. Nesa mesma anotación remarcabamos a denuncia expresada polos nacionalistas por un bidón abandonado nas costas de Baredo. […]

Comentarios RSS