Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Melloramos a calidade de vida dando voltas por Baiona

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

Xoves, Agosto 2, 2007

Melloramos a calidade de vida dando voltas por Baiona

Como xa comentabamos, no pasado Pleno o Alcalde non considerou oportuno incluir a moción do BNG sobre a recuperación das prazas de aparcamento ao redor do Aral e Tendais.

Tamén salientamos as iniciativas entorno ao Casco Vello promovidas polo Concello.

Con todo isto, que se prohiba o aparcamento na Praza de Santa Liberata entronca con ambos acontecementos pasados.

O BNG, que non parece ter vacacións, está á brecha e non perde comba, namentres o Concello se empecina en favorecer unha concesión que comeza con moi mal pé.

Xa cando o aparcamento da Palma se impuxo, todos agardaban que a empresa quebrara, a estacionalización da demanda marcaba a inviabilidade do proxecto. Tamén Manolo Vilar, daquela, tentou reducir prazas en superficie para "humanizar" o entorno.

En ambos casos a contestación é a mesma. Humanizar o entorno non pode estar reñido có mantenemento de lugares de aparcamento libres. Existen múltiples iniciativas que se poden establecer nas condicións dunha concesión. Por exemplo:

- Establecer bonos de residentes a custe reducido.

- Primeira hora gratis e tramo na seguinte a custe reducido (en posible colaboración con ACEBA).

- Zonas libres de aparcamento na urbanización da superficie.

A vontade e capacidade política xoga aquí un papel fundamental. A actitude do Alcalde de eliminar o aparcamento en Santa Liberata logo de negarse a debatir a mociñon do BNG en Pleno agrava o malestar aínda máis e incrementa a rendabilidade política da oposición. Neste caso, o PSOE volta a estar durmido, máis preocupado de loitas intestinas polo poder que por outra cousa.

Fóra disto, a iniciativa de retirar os coches da Praza de Santa Liberata e acondicionala con pedra non ten pega algunha. Gañará a zona en encanto, tendo que explicarnos o Concello cómo se lle dará saida ao acceso dos aparcadoiros privados que hai na Praza e entorno. Agora sí, se se vai a levantar todo o chan, gastar unha morea de cartos en macetiñas de forxa, bancos sen sombra e bolardos, pode considerarse a todas luces como un despilfarro innecesario.

Como dixo o Alcalde, os cidadáns de Baiona gañarán en calidade de vida cando a Praza de Santa Liberata sexa reformada e teñan que "visitar" toda Baiona dando voltas por ela ata que atopen unha praza libre onde aparcar.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 14:27  

1 Comentario »

  1. [...] Pode chegar a ser reiterativo o tema, pero o problema de tráfico en Baiona nestas datas é manifestamente grave. [...]

    Aviso (Pingback) por Baiona Consciente » A man pola ventanilla — 7 Agosto 2007 @ 21:30

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress