Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Por fin apostamos polas tecnoloxías

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

venres, agosto 3, 2007

Por fin apostamos polas tecnoloxías

O Concello de Baiona vén de unirse ao proxecto Geopista, de mano da Diputación Provincial.

Geopista pretende empregar un Sistema de Información Territorial (SIT) para facilitar a información á cidadanía.

O SIT, que xa o coñeciamos a nivel autonómico e nacional (o SITGA e o SIGPAC) permite acceder á cartografía da zona e implementar información de moi variado tipo.

Congratúlanos que o Concello de Baiona comece  a apostar polas novas tecnoloxías, aínda que sexa por iniciativa doutra administración. Éste pode ser o primeiro paso para que a Administración Local se percate das increibles ventaxas que pode ter a implantación de internet no contacto Administración-Cidadanía.

En moitos Concellos se colgan na rede as actas aprobadas dos Plenos pasados, as bases de concursos (isto xa o está a facer Baiona) ou mesmo textos e outro material complementario de cuestións a debatir.

Ata o de agora o SIT se emprega cáseque en exclusividade para a ubicación de fincas, sen poder obter máis información complementaria. As posibilidades son cáseque infinitas:

- Información urbanística: PXOU sobre a cartografía. Ubicando unha propiedade, poderiamos saber a súa edificabilidade.
-  Información de xestión municipal: Rede de alcantarillado, traida de auga, rutas turísticas.

- Información de actividade política: Ubicación de propostas concretas.

Esta ferramenta somentes precisa dunha Administración comprometida coa información e o fácil acceso á mesma. Por elo, sería importante que se seguise o camiño doutros Concellos que apostaron polo achegamento de internet aos cidadáns mediante a posta en marcha de cursos de iniciación a internet para sectores con difícil acceso ao seu uso (terceira idade ou amas de casa, por exemplo), inversión en puntos de acceso gratuito nas parroquias (como en Sabarís) e mesmo apostando por unha Rede Municipal Wifi, coma nos concellos de Rábade, Ponteareas, A Estrada ou Salvaterra.

Desde Baiona Consciente xa destacabamos que a aposta polas ferramentas dixitais tiña que ser a punta de frecha das iniciativas de comunicación entre a Administración e a cidadanía. Así, nunha das nosas primeiras anotacións, xa destacabamos que Baiona aínda non estaba en Rede, falando do seu uso na Campaña Electoral.

A situación apenas mudou a día de hoxe, os únicos cambios foron na páxina do BNG, que agora migra a un bloge similar ao noso, agardamos que influenciados polo noso traballo, ainda que non tan activo coma quixeramos.  Os demais partidos empregaron internet somentes coma ferramenta electoral e o PP segue sen ganas de destacar na rede, xa que a día de hoxe non temos nin tan siquera un enderezo de correo electrónico ao que dirixirnos, quizais no seu traballo institucional se dean conta do potencial do seu uso e comecen a aplicalo no seu traballo de partido.

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 12:15  

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress