A man pola ventanilla
Pode chegar a ser reiterativo o tema, pero o problema de tráfico en Baiona nestas datas é manifestamente grave.
A solución non parece ser a construcción dun aparcadoiro soterrado, se o mesmo non ven cunha serie de vantaxes para os residentes. Ademais, se a concesión conleva a reducción de aparcamento en superficie, o obxectivo non é solucionar un problema, senón facer negocio con él.
Pero o problema de aparcamento somentes fai incrementar outro, a excesiva circulación de vehículos por todo o término municipal. Desde Ramallosa a Baredo, podemos atopar múltiples colas: na rúa Carabela la Pinta, na Avenida de Sabarís, no Camiño Real, no Paseo de Pinzón, na rúa Tomás Mirambell ou na Avenida Monterreal e Elduayen.
Tampouco a Autoestrada solucionou o problema (outro caso máis de negocio en troques de solución), porque non se lle fixo caso á poboación, que non era que estivera en contra da obra pública, senón que non querían aquel proxecto tan deficiente. É verdade que as características climatolóxicas do pasado mes de Xullo provocaron unha maior presenza de visitantes en Agosto.
Pero tampouco podemos desvotar que unha manifesta incapacidade municipal na xestión é un factor clave para entender o caos que vivimos día a día. Que en horas de máxima afluencia non vexamos máis que un garda na entrada ao Parador e outro no Porto Pesqueiro non é culpa máis que do responsable de tráfico. O goberno PSOE-BNG instalou un sistema altamente represor e "disuasorio", provocando un monumental enfado á cidadanía. Iso sí, haberá que recoñecerlles que os accidentes de tráfico se reduxeron, pero multar por recaudar tampouco era a solución.
Curiosamente, a entrada no Goberno dun partido de dereitas relaxou a presión policial ata extremos cáseque anárquicos. A día de hoxe podemos observar unha total ausencia da Policía Municipal nas rúas.
Todas estas circunstancias se viron agravadas o pasado fin de semana, coas festas da Anunciada. Estamos seguros de que moita xente desistiu de parar en Baiona debido ao caos circulatorio. Moitos coches aparcaron onde lles petou aos seus donos, e non amaneceron cun papeliño rosa no parabrisas.
Así, Baiona perde un enorme potencial turístico debido á reducción da calidade de vida, tanto para os residentes habituais (que xa non vén atractivo vivir no noso Concello), como para os visitantes estivais (que intentan relaxarse do caos das cidades e que se atopan có mesmo problema).
Todos debemos pensar: ¿é atractivo vir a Baiona no Verán? De ahí sacaremos conclusións.
chúzame - 
