Eurovento, ¿a Ronáutica dos montes?

A nova non afecta excesivamente a Baiona, xa que somentes recaerán no termo municipal dous ou tres aeroxeneradores, pero nestes casos sempre nos fai desconfiar que se fagan publicacións no DOGA de Agosto.

O caso é que a Consellería de Innovación e Industria, comandada polo BNG, tenta instalar na Serra da Gobra un parque eólico, denominado “Albariño I”.

Este tipo de iniciativas xenera moita controversia. Por unha parte, estamos a falar de enerxías renovables e de producción propia. Matamos dous paxaros dun tiro, xa que non dependemos de enerxías foráneas como o gas ou o petróleo e ao mesmo tempo podemos prescindir de medios de xeración de enerxía contaminantes ou moi lesivo có entorno (plantas térmicas, encoros ou plantas nucleares).

Unha das loitas máis encarnizadas dos ecoloxistas foi a aposta polas enerxía limpas e unha desas alternativas foron os muiños de vento. O caso é que agora son os mesmos ecoloxistas os que critican estas iniciativas, porque poden danar o entorno paisaxístico e á fauna do mesmo.

A problemática neste caso non debe ser o parque en sí, senón a ubicación. A Serra da Groba é un importante entorno paisaxístico e cunha cantidade sen igual de cabalo salvaxe pastando nela. Asemade, lévase tempo reclamando a ampliación da Rede Natura na zona.

Tamén pode despertar suspicacias que, casualmente, nos pasados incendios do Verán fora unha das zonas máis afectadas. Non queremos ser perversos, pero as dúas consellerías dependen do mesmo partido. No BNG se levarán as mans á cabeza, pero se ésta fora unha iniciativa do PP, xa se estaría a falar de “plan elaborado” para acadar obxectivos especulativos.

¿Qué dín os afectados? Os comuneros de Oia queren máis cartos e Unións Agrarias reclama polo menos un 10 % dos beneficios obtidos. A oferta é de 6.000 a 7.000 € por aeroxenador como arrendamento anual, o que suporía apenas un 2 % dos previsibles beneficios. En ningún dos casos se fala de impacto medio-ambiental ou dano ao gando, aínda que se fai saber que Eurovento non se faría responsable de calqueira dano producido polos aeroxeneradores.

Por de pronto, non hai posicionamento por parte dos partidos políticos, aínda que o BNG de Baiona xa colgou unha escueta anotación na súa web onde nin tan siquera se posiciona. Se lles plantexa unha difícil decisión, tan complexa como a do PSOE có concurso de Portos. Que se se manteñan como defensores dos intereses de Baiona e non como calidiños está nas súas mans.

2 Comentarios

  1. sos a groba dijo

    25 de Agosto del 2007 a las 14:37

    S.O.S A Groba. Hai que salvar a serra de a Groba. Non se pode falar só de diñeiro e deixar de lado o valor non cuantificable ecolóxico. A fauna, a vexetación, o clima e a paisaxe asemade todo o valor patrimonial arqueolóxico e etnográfico.
    a cidadadía ten que se movilizar e non deixar que fagan do konte un novo xeito de “urbanización” encuberto, que non remata cos muiños que se poñen agora, se non que tamén pensan por máis nun futuro próximo. De aí a grande extensión que de terra que se afecta.

  2. Baiona Consciente » Ausencia verde dijo

    29 de Agosto del 2007 a las 22:18

    […] Recentemente falabamos do Parque Eólico Albariño I e das diversas posturas que se produxeron ao longo destes días. […]

Comentarios RSS