Caballero I, o Conquistador
A constitución das áreaa metropolitanas en Galicia está xerando moita controversia e pode afectar ao noso Concello. A cuestión fundamental é se este modelo de organización territorial pode traer beneficios para os cidadáns ou simplemente será un órgano máis para xerar ingresos atípicos aos políticos de turno.
A Xunta vén de presentar os seus proxectos para as áreas metropolitanas Vigo-Pontevedra e A Coruyña-Ferrol. Non semella unha mala idea tentar vertebrar estas dúas grandes áreas a partir da unión administritiva das cidades referencia nas dúas provincias máis importantes de Galicia.
No que a nós nos afecta, a área metropolitana de Vigo-Pontevedra contempla un total de 28 Concellos. Os máis importantes da provincia ao fin e ao cabo. A idea orixinal era vertebrar unha área metropolitana con 14 Concellos ao redor de Vigo, entre os cales se atopa o noso Concello.
O PP rápidamente se posicionou en contra desta amplitude. No fondo desa reivindicación está o medo a perder o poder caciquil que rexentan as diputacións provinciais, tradicionalmente en mans dos PP e forte recurso electoral mediante enchufismos e inxeccións de cartos nas precampañas.
O PSOE tampouco sabe moi ben por onde anda, tentando contentar a todos e conseguindo que nadie se quede contento. Abel Caballero se erixe como un gran conquistador que quere gobernar media provincia, manifestando un completo descoñecemento do que supón unha área metropolitana.
O BNG tenta ser un pouco máis cauto e aboga por que se unan ao proxecto os concellos que así o estimen e querendo instaurar pouco a pouco o seu modelo, baseado nas comarcas e eliminando as diputacións provinciais, có obxectivo definitivo de eliminar as provincias do modelo territorial.
Namentres, ¿qué pensan os partidos políticos en Baiona? O PP é o único que se postulou, asimilando as directrices políticas que mandan desde Santiago, o mesmo que fixo o BNG no seu bloge, colgando unha manifestación institucional. O PSOE segue de vacacións e non parece dar sinais de vida.
O único que podemos decir disto é que unha área metropolitana non se debe constituir para que unha cidade obteña servizos dos concellos limítrofes (instalando unha macrodepuradora en Baiona, por exemplo), senón para poder vertebrar unha serie de necesidades comúns a través da mútua colaboración, e moito menos para que nun futuro se fale de absorción de concellos a Vigo (que está na mente de moitos, non nos enganemos).
chúzame - 
