De excursión a outros concellos

traiña bandeira xuntaResulta paradóxico que convidemos a un medallista olímpico para ensinarlle unhas instalacións deportivas que se atopan ¡¡NOUTRO CONCELLO!!

Hai que ver a capacidade de inxenio, mezclada con unhas pequenas doses de desvergonza, que poden ter algúns políticos. Claro que non toda a culpa é deles. As iniciativas culturais e deportivas non sempre teñen que ir da man da Administración Pública.

Hai moitos anos que se tentou constituir un Clube de Remo en Baiona. Concretamente un Clube de Traiñas. Xa falamos nunha das nosas primeiras anotacións do interesante que sería para Baiona que se voltase a retomar a idea, porque daquela non triunfou por dúas circunstancias: falta de apoio institucional e desidia dos baioneses.

Así, pode que a vindeira vez que veña unha personaxe relevante do panorama deportivo, non teñamos que ir a Nigrán a ensinarlle unhas instalacións en condicións.

Namentres, sigamos concentrándonos somentes no fútbol para ver se temos sorte, nos sae un baionés con calidade e o ficha o Madrí. Moitos morrerían de felicidade. A outros, nembargantes, non se lles pode máis que escapar unha bágoa cada vez que van a unha Bandeira de Traiñas e o nome de Baiona non aparece por ningures.

Los comentarios han sido cerrados para esta nota