Empezamos ben (e 2)

Baiona destrozo peiraoAló polos primeiros de Xullo xa comentabamos que certos actos vandálicos importunaban á cidadanía no comezo do Verán. Hoxe voltamos a enterarnos que o botellón provoca destrozos no paseo de Monte Boi e que un bárbaro destrozou a barreira do Peirao.

As excelencias do Verán traen consigo estos peros, dos que moitos baioneses xa estamos un pouco cansos de aturar. Haiq ue ter a paciencia de ser cortés cós visitantes, aturar inmensas colas en todos os sitios, buscar aparcamento porque non hai onde deixar o coche e agardar un infinidade de tempo para entrar á nosa vila.

E enriba de todo iso, ¿temos que tolerar o seu vandalismo e a súa impaciencia? Agardamos que as forzas policiais actúen con celeridade en ámbolos dous casos e os culpables sepan que certas actuacións teñen as súas consecuencias.

Resulta curioso observar cómo cando entrou un goberno de esquerdas a presión policial foi asfixiante e, agora, cun suposto goberno de dereitas, a anarquía se abre paso nas nosas rúas. A paradoxa é aínda máis voluminoso se recordamos que o Concelleiro de Tráfico e Seguridade Cidadá era o número 1 do BNG, Xosé Enrique. Aquelas actuacións costáranlle moitos votos aos nacionalistas nas pasadas Eleccións Municipais. Estes precedentes non dan có perfil do representante nacionalista tipo, a verdade sexa certa.

¿Será que os nacionalistas non son aqueles melenudos con palestinas ao pescozo e actitude lñibertaria que todos pensabamos que eran? ¿Ou será simplemente que os representantes do BNG en Baiona non son tan de esquerdas como pensamos que deberían de ser? Podemos darlle a volta á tortilla e preguntarnos: ¿será que os populares non son aqueles peiteados de gomina hacia atrás con garabatas ao pescozo e actitude intolerante que pensabamos que eran? ¿Ou será que simplemente que os representantes do PP en Baiona non son tan de dereitas como pensamos que deberían de ser?

Na Voz de Galicia Sito Almuiña manifesta que o número de multas se reduzo considerablemente, a pesar de manter a vixilancia policial. Mente coma un bellaco. Este Verán poidemos comprobar que aparcando nun lugar onde o ano pasado se multaba, logo de tres días sen mover o coche, a “sorpresa rosa” non aparecía no parabrisas. Este ano se multou moito menos porque se aumentou a tolerencia policial.

Sexa o que sexa, nós preferimos unha actitude máis permisiva, dentro duns límites, ao estado policial do dúo De la Peña-Xosé Enrique (cámaras de vixilancia no Casco Vello incluidas). Pode que os estado ideal sexa un punto medio entre a situación actual e o daquela.

Los comentarios han sido cerrados para esta nota