Ausencia verde

Recentemente falabamos do Parque Eólico Albariño I e das diversas posturas que se produxeron ao longo destes días.

Incluso o IEM salientou as diversas problemáticas nun artigo moi interesante.

O que máis nos resulta curioso de todo o que rodea ao Parque Eólico son os silencios que se producen. Desde o Concello faise mutis polo foro e non se dí nada. Menos desde o BNG, que parece non quere mollar as máns no tema.

Pero o máis curioso é que ningún grupo ecoloxista poida perder algo do seu tempo en ter un detalle con este tema. Non será porque non hai pola zona, xa que hoxe a asociación ecoloxista A Groba saiu na Voz de Galicia denunciando limpezas das cunetas con productos agresivos ao entorno.

¿Será porque o Parque Eólico non produce dano medioambiental? Nos temomemos que se pode deber máis a unha imprevisión que a outra cousa. Agardaremos consecuencias, a ver qué pasa.

7 Comentarios

  1. Pietro dijo

    30 de Agosto del 2007 a las 16:19

    Meu ahí estás equivocado. Verdegaia, Salvemos Monteferro e o colectivo ecoloxista A Groba acana de presentar alegacións ao proxecto dos muiños do demo.

    Supoño que sairá nas noticias proximamente. porque a cousa ten tela marinera.

  2. baionaconsciente dijo

    30 de Agosto del 2007 a las 20:17

    Nos congratulamos da nova. En canto se publicite, non dubidaremos en escribir unha anotación detallando polo miudo as alegacións. Grazas por avisar. Estaremos atentos.

  3. Pietro dijo

    31 de Agosto del 2007 a las 13:09

    O IEM tamén se suma ás alegacións.

  4. Marcote dijo

    1 de Setembro del 2007 a las 22:08

    O BNG de Baiona presentará tamén as súas correspondentes alegacións e defenderá a non instalación do Parque Eólico na Groba

  5. Iván dijo

    5 de Setembro del 2007 a las 10:48

    Galiza xenera o 12% da enerxia electrica que se produce en españa, consume o 7’5% e vende o 4’5% sobrante a outras comunidades. Pareceme ben que se aposte por enerxias “menos contaminantes”, pero o que ninguen di e, cando comece a funcionar este parque, ¿cantas centrais “contaminantes” vanse pechar? ou e que se vai a seguir contaminando igual, pero iso si, vendendo máis. Por qué non se di nada de todolos muiños de pedra, arbores, petroglifos e animais que van a desaparecer por culpa destes papaventos de máis de 100 metros de altura, nin que na area de afectación que lle otorgan, mañán poden por outros tantos máis, nin que dita area ten que estar totalmente despoblada de vexetación. Isto e un atentado contra a natureza en toda regra, non se pode utilizar o monte coma se fose un negocio, o monte e pra uso e disfrute de todos ,non só de catro que lles gusta máis a cor verde dos billetes no seu peto, que a cor verde no monte galego.
    “SALVEMOS A SERRA DA GROVA AMIGOS”
    non podemos consentir que se especule co monte.
    unha aperta a todos.

  6. Pietro dijo

    5 de Setembro del 2007 a las 13:34

    Nace SOS a GROBA

    http://www.sosgroba.com

  7. Baiona Consciente » Rectificar é de sabios dijo

    8 de Setembro del 2007 a las 13:38

    […] O pasado día 29 de Agosto escribiamos unha anotación titulada “Ausencia Verde“, onde destacabamos o pouco ruido que fixeran as organizacións ecoloxistas co proxecto de Parque Eólico na Groba. Hoxe temos que rectificar e sinalar que varios das mesmas realizaron alegacións. Verdegaia e Salvemos Monteferro rexistraron cadansúas alegacións. Ademáis, o BNG de Baiona tamén presentou as súas.Temos coñecemento de que o Colectivo Ecoloxista A Groba e o IEM estaban a preparar as súas, pero descoñecemos se algún outro colectivo ou persoa particular do Val Miñor realizou máis alegacións, as sinaladas o son porque tiveron eco nos medios, propios ou alleos. […]

Comentarios RSS