Hannos matar de fame

cofradia baionaNamentres o PP anda preguntando no Parlamento que é iso de privatizar sen estar eles no poder (manda truco que teña que vir ún de Ourense a defendernos), o Presidente da Cofradía de Pescadores ameaza con pórse en folga de fame. Hai que ter coidado con qué se ameaza, só haiq ue ver os ridículos de Julián Muñoz e o “Solitario”.

Tampouco nos imos quedar cunha imaxes do Presidente da Cofradía á maneira De Juana Chaos, pobriño (o señor Méndez) tampouco o merece, oh!.

O asunto xa está a tomar un cariz un pouco desorbitado. A razón de ser de tanta polémica non está exenta de certo cariz politizado, pero a razón é de quen ten razón e Portos de Galicia non é máis que unha máquina de facer cartos.

De seguro que éste non é o último capítulo da historia, namentres o BNG espicha aos populares no seu boletín que onde estaban cando o do recheo de Ronáutica, unha verdade coma un templo.

2 Comentarios

  1. Pietro dijo

    3 de Setembro del 2007 a las 12:01

    Si, o de Ronautica e o recheo que propuxo Cuiña no seu momento. Eu lembro aquela manifestación. Lembro cando nos vendía nque aquilo era una riqueza… zona comercial, cento e pico prazas de aparcamento, etc..
    E a realidade foi que se fixo unha zona comercial par Ronautica e un aparcamento para os señoritos.
    E naquela manifestación votei en falta ao actual concelleiro de Medioambiente. si,, certo que si.

  2. Baiona Consciente » Garabatas subversivas dijo

    11 de Setembro del 2007 a las 21:54

    […] Iso sí, algún compañeiro de aventuras debeu quedarse de pedra cando soubo que o beneficiado do concurso foi o Monterreal Clube de Iates. Feito que xa anticipabamos na anotación do Venres pasado, chamada “Mudando a cara dos interesados”, na que falabamos da nova da Voz de Galicia no 2004 na que o Clube de Iates solicitaba a reordenación da lámina de auga. Tamén debeu de ser de poema a cara do señor Méndez cando se lle dixo que non ían pantaláns no proxecto. Ao mellor, se se tivese lido o prego de condicións do concurso de tería dado de conta de que no se permitía tal fechoría e, é máis, que se se produxese nun futuro sería motivo de resolución da concesión. Pode que o señor Méndez tivera sido manipulado polo Partido Popular nunha campaña de desprestixio da Xunta ou pode que o mesmo Patrón Maior participase desta manipulación, en ámbolos casos, non queda en bo lugar, por moito que tentase pórse en folga de fame. […]

Comentarios RSS