Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » 2007 » Setembro

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

Sábado, Setembro 29, 2007

Adeus don Jesús

jesus lopez mendezO Patrón Maior da Cofradía de Pescadores se xubila. O señor Méndez pasará á historia pola infructuosa loita contra un concurso de Portos de Galicia que afectaba moito menos á baía que o recheo de Ronáutica, pero que contou con moito máis apoio institucional e popular. Atrás quedan xestos tan nobles como dimitir de cargos institucionais a dous meses da súa xubilación (habería que saber se o faría de non estar a xubilación tan preto).

Sucédelle Ramón Costas, do que non podemos emitir valoración ata que vexamos co tempo a súa actuación na Cofradía.

(máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 14:25  

Venres, Setembro 28, 2007

O patrimonio non se toca

sos serra da grobaHoxe a asociación SOS Serra da Groba nos leva de excursión, de man de Xosé Lois Vilar, o home máis nomeado nos últimos meses. Arqueólogo membro do IEM, participante no proxecto de recuperación da memoria histórica na Volta dos Nove, encargado da musealización do Outeiro dos Lameiros e agora Presidente do movemento que aglutina a diversos colectivos opostos á instalación do parque eólico na Groba.

As saídas son varias, para facilitar o encontro. Ás 19.45 en Santa Marta, ás 20 horas en Chan da Lagoa e ás 20.30 na Cruz de Pau (na estrada Baiona-Torroña).

(máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 13:30  

Xoves, Setembro 27, 2007

Convocatoria de SOS Serra da Groba

sosgroba visita guiada

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 16:15  

Xoves, Setembro 27, 2007

Un lugar onde vivir

vivenda dignaLemos hoxe na edición galego de El País que a FEGAMP pide á Consellería de Vivenda que non se estime o porcentaxe de vivenda protexida somentes polo número de habitantes e se teñan en conta outros factores, como a demanda de vivenda protexida, poidendo obterse incluso poloRexistro Público de Demandantes de Vivenda.

Pode non faltarlle razón á FEGAMP, se non fora porque o porcentaxe mínimo que quere establecer Teresa Táboas é do trinta por cento. En calqueira concello, sexa a demanda que sexa, pódese entender que haxa un mínimo dun trinta por cento de familias que precisen unha serie de axudas para acceder á vivenda.

(máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 11:05  

Martes, Setembro 25, 2007

Mañá é festivo en Baiona

san cosme e san damianMañá é festivo local no noso Concello. Celébrase a tradicional romería de San Cosme e San Damián. Máis coñecida como a Feira das Noces e do Mel, é unha das festas con máis tradición de Baiona.

Como moitas tradicións, somentes se conservan grazas ao empeño dos nosos avós, xa que á xente nova non lles interesa moito a compra en mercado, acostumbrados ao mundo do Eroski e o Gadis.

En fin, mañá non estaremos, pero o Xoves nos voltaremos a atopar.

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 19:11  

Luns, Setembro 24, 2007

Rizar o rizo

lamina auga baionaResulta que agora, froito do concurso de Portos de Galicia en Baiona, vaise facer un novo porto deportivo. ¿Pero é que nadie sabe que como moito se podería falar de ampliación do Clube de Iates Monterreal? ¿Aínda temos que andar a aclaralo ou é que alguén quere inducir a confusión? Lembremos que xa estamos en precampaña e actuacións coma esta poden supór un importante trasvase de votos.

(máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 17:35  

Sábado, Setembro 22, 2007

Segredos baixo terra

pola defensa da riaHai personaxes que xa perderon a vergonza e se permiten darnos leccións dos seus propios erros. O pobo de Baiona deu unha lección aos políticos nas pasadas Eleccións Municipais de Maio e penou a "Chicho" co destierro permanente do noso concello. A Manolo Vilar tamén lle mandou un aviso, pero os favores debidos aínda lle permitiron salvar a cabeza. Recoñecendo a súa habilidade para sobrevivir nun entorno tan hostil, ata acadou cotas de goberno nunca imaxinadas por un partido independente.

(máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 12:26  
Seguinte páxina »

Xestionado con WordPress