Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Mudando a cara dos interesados

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

venres, setembro 7, 2007

Mudando a cara dos interesados

doca baionaTodos sabemos que na firme oposición do goberno local ao concurso da lámina de auga na Doca está unha certa oportunidade política para darlle paos á Xunta de Galicia, gobernada na Consellería competente polo PSOE. O que moitos non recordan é que a solicitude para ordear esta lámina de auga partiu do Clube De Iates Monterreal e non de Ronáutica.

¿Qué cara se lle quedará a Manolo Vilar se a concesión é para este Clube privado que tanto beneficio sacou do noso Concello? Algún incrédulo pode pór en dúbida a información reseñada, por iso deixamos aquí o enlace á nova, publicada na Voz de Galicia en Setembro do 2004 .

Pois moitos van ter que tragar sapos e culebras cando sepan que os trámites para este concurso os iniciou o Goberno Fraga e os rematou o Goberno Touriño. Xa decía a Biblia que tirase a pedra quen estivese libre de culpa. Á vista dos últimos acontecimentos, poucos se poderán atrever a presumir de coherencia. Líbrese da criba o Presidente da Cofradía, o señor Jesús López Méndez.

Non pode decir o mesmo o PSOE baionés, ainda que lle pode botar as culpas ao decapitado De la Peña, que daquela estaba en contra e agora calou coma unha señora de vida alegre.

Unha de dúas, ou o PP xa non recorda aquela demanda, ou sabe dela e o único que lle preocupa é que non recaiga a resolución do concurso en mans de Ronáutica.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 9:39  

1 Comentario »

  1. [...] Iso sí, algún compañeiro de aventuras debeu quedarse de pedra cando soubo que o beneficiado do concurso foi o Monterreal Clube de Iates. Feito que xa anticipabamos na anotación do Venres pasado, chamada “Mudando a cara dos interesados”, na que falabamos da nova da Voz de Galicia no 2004 na que o Clube de Iates solicitaba a reordenación da lámina de auga. Tamén debeu de ser de poema a cara do señor Méndez cando se lle dixo que non ían pantaláns no proxecto. Ao mellor, se se tivese lido o prego de condicións do concurso de tería dado de conta de que no se permitía tal fechoría e, é máis, que se se produxese nun futuro sería motivo de resolución da concesión. Pode que o señor Méndez tivera sido manipulado polo Partido Popular nunha campaña de desprestixio da Xunta ou pode que o mesmo Patrón Maior participase desta manipulación, en ámbolos casos, non queda en bo lugar, por moito que tentase pórse en folga de fame. [...]

    Aviso (Pingback) por Baiona Consciente » Garabatas subversivas — 11 setembro 2007 @ 21:52

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress