Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Rectificar é de sabios

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

sábado, setembro 8, 2007

Rectificar é de sabios

O pasado día 29 de Agosto escribiamos unha anotación titulada "Ausencia Verde", onde destacabamos o pouco ruido que fixeran as organizacións ecoloxistas co proxecto de Parque Eólico na Groba. Hoxe temos que rectificar e sinalar que varios das mesmas realizaron alegacións. Verdegaia e Salvemos Monteferro rexistraron cadansúas alegacións. Ademáis, o BNG de Baiona tamén presentou as súas.Temos coñecemento de que o Colectivo Ecoloxista A Groba e o IEM estaban a preparar as súas, pero descoñecemos se algún outro colectivo ou persoa particular do Val Miñor realizou máis alegacións, as sinaladas o son porque tiveron eco nos medios, propios ou alleos.

Así pois, os ecoloxistas están atentos e fan os seus deberes. Non se pode decir o mesmo dos partidos políticos, aínda que non facemos comentario algún ata saber con exactitude o número e procedencia de todas as alegacións presentadas ante a Consellería de Industria.

Das alegacións coñecidas, podemos destacar os seguintes argumentos:

- Moitas especies protexidas se atopan en risco de supervivencia no entorno.

- O número de xacementos arqueolóxicos e o suficiente como para reconsiderar seriamente calqueira actuación lesiva na zona.

- Aínda que non o dín expresamente, o BNG de Baiona nos ensina unha imaxe na que relaciona os incendios do 2006 coa instalación dos aeroxeneradores.

En breve saberemos que estas alegacións descartan a imposibilidade do proxecto ou, como é habitual pola Administración, obvian datos tan importantes e fan o que queren. O BNG está no obxectivo, xa que a Consellería de Industria está nas súas mans, namentres que en Baiona presentan alegacións. Parece ser que ata o de agora somentes se seguiron os trámites administrativos establecidos e non se puido facer máis. ¿Será verdade ou é que botan balóns fóra? As alegacións esclarecerán o asunto un pouco, pero non evitará que lles recordemos que presentar unha actuación semellante un primeiro de agosto e sen consultar con nadie dos concellos afectados son actitudes dunha Xunta que pensabamos que desaparecera.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 13:37  

5 Comentarios »

  1. Quero matizar un dos aspecto que aparecen nesta nota. Os Concellos xa eran coñecedores do proxecto do parque eólico, de feito tanto o Concello de Baiona, así coma o Concello de Tomiño emitiron a finais de Abril un informe positivo o mesmo. Por outra banda as comunidades de montes sabían deste proxecto fai preto de 2 anos, de feito xa algúnha comunidade de Montes tiña dende fai tempo asinado un precontratro.

    O que sí e certo é que a Eurovento, puxoselle todo de cara cando o ano pasado ardeu o Monte, quero indicar que 19 do 21 aeroxeradores van colocados na área e monte queimado, feito este que propiciou que as Comunidades de Montes se precipitasen en tomar os acordos e icluso aceptar unha compensación económicas de pouco máis que o 1% dos beneficios anuais que obterá Eurovento.

    Quero deixar no aire as seguintes cuestións:

    -Que casualidade que toda a área queimada o ano pasado na Serra da Groba sexa cáse calcada a zona de afección do Parque Eólico.

    -¿Porqué afectar 24 Km2 para colocar 21 aeroxeradores.

    -Na documentación sobre o Parque Eólico afirma que non suporá impacto visual, ( e os aeroxeradores teñen 121 metros de alto.)

    Comentario por Roberto — 8 setembro 2007 @ 20:25

  2. Referente ao do lume, a verdade é que podería ir na súa contra. é dicir:

    A Lei de Montes 43/2003 (de ámbito estatal), de 21 de Novembro no seu Artigo 50 ( Mantenimiento y restauración del carácter forestal de los terrenos incendiados) di:

    1.Las comunidades autónomas deberán garantizar las condiciones para la restauración de los térrenos forestales incendiados y queda prohibido:

    a)El cambio de uso forestal al.menos durante 30 años.

    b)Toda actividad incompatible con la regeneración de la cubierta vegetal, durante el período que determine la legislación autonómica.

    Con carácter singular, las comunidades autónomas, podrán acordar excepciones a estas prohibiciones siempre que, con anterioridad al. Incendio forestal, el cambio de usos estuviera previsto (…)

    Esta lei, no seu artigo 2º ( Ámbito de aplicación) e de aplicación a todos os montes Españois, especificando no seu apartado primeiro que “en el caso de los montes vecinales en mano común, esta lei es aplicable sin perjuicio de lo establecido en su legislación especial “.

    Esperemo que o lume nos beneficie neste senso.
    Apertas.

    Comentario por Pietro — 10 setembro 2007 @ 13:25

  3. Referente a pregunta sobre 24 Km2 para colocar 21 aeroxeradores? Está claro que iste é o comezo. Albarito 1, Albarito 2, Martin Codax 3, e así ata rematar con todos os viños da comarca. Esto só e a primeira parte dun proxecto máis grande, algo que tamén é ilegal xa que o proxecto ten que presentarse íntegramente e non a trozos.

    Comentario por Pietro — 10 setembro 2007 @ 13:27

  4. Hoxe ás 21 h reunión na sede da CC.MM de Baredo. Máis información http://www.valminor.info/content/blogcategory/31/17/

    Comentario por Pietro — 10 setembro 2007 @ 13:29

  5. Pode que o Artigo 50 da 43/2003 se eluda otorgando o uso como de interese público. Se non é así, non hai discusión e o Parque Eólico Albariño I é inviable. Agardomos que a Consellería de Industria actúe como se agarda dos nacionalistas, senón sucederá como na Granxa de Orwell e os porcos non se distinguirán dos homes.

    Comentario por baionaconsciente — 10 setembro 2007 @ 13:32

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress