¿Consciencia ao fin?
Se onte dábamos as grazas polo apoio recibido, hoxe temos que congratularnos por ver que xente do Val Miñor ten esa consciencia que tanto reclamamos. Constituise o colectivo SOS Groba para parar o proxecto de parque eólico na Serra da Groba.
Neste colectivo se integran asociacións ecoloxistas como Verdegaia, Salvemos Monteferro ou o Colectivo Ecoloxista A Groba. Tamén están presentes o IEM e o Clube Espeleolóxico Maúxo. En cabeza da asociación está Xosé Lois Vilar, arqueólogo responsable da musealización do Outeiro dos Lameiros en Sabarís e membro do IEM.
O máis destacable da rolda de prensa que se celebrou onte foi que se relacionou directamente a instalación do parque eólico cos lumes do 2006. Non se falaron de indicios delictivos nin se acusou directamente, pero sí que se incidiu na "casualidade" dos feitos. Este aspecto xa o relacionou o BNG de Baiona nas súas alegacións, mesmo aportando un plano onde se suporpoñen os muiños instalados na zona queimada. Casualmente 14 muiños aparecen na zona queimada e 2 se quedan fóra por pouco.

A pedra está no tellado da Xunta, ten alegacións suficientes para contrarrestar as argumentacións de Eurovento e prohibir a instalación do parque eólico na Groba. Non quererá ter un movemento ecoloxista na súa contra e convertirse nunha Xunta igual que a do PP, que facía as cousas sen contar có pobo.
chúzame - 
