Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Un lugar onde vivir

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

xoves, setembro 27, 2007

Un lugar onde vivir

vivenda dignaLemos hoxe na edición galego de El País que a FEGAMP pide á Consellería de Vivenda que non se estime o porcentaxe de vivenda protexida somentes polo número de habitantes e se teñan en conta outros factores, como a demanda de vivenda protexida, poidendo obterse incluso poloRexistro Público de Demandantes de Vivenda.

Pode non faltarlle razón á FEGAMP, se non fora porque o porcentaxe mínimo que quere establecer Teresa Táboas é do trinta por cento. En calqueira concello, sexa a demanda que sexa, pódese entender que haxa un mínimo dun trinta por cento de familias que precisen unha serie de axudas para acceder á vivenda.

¿Porqué traemos a colación este asunto? Pois porque no pasado mes de Maio, en plena campaña electoral, a cuestión da vivenda protexida foi un tema candente e froito de máis dun enfrentamento. Para este fin de semana temos preparadas dúas anotacións que definirán máis concretamente as cuestións que a vivenda protexida conlevan non noso concello, desde os concursos en Sabarís á parcela dos Tendais. Non queremos extendernos hoxe porque estamos a recabar certa información da que nos gustaría dispor antes de publicar as mesmas.

No que respecta ao porcentaxe que debería aplicarse a Baiona, a Consellería de Vivenda establecerá que para poboacións de menos de 20.000 habitantes a porcentaxe sexa do trinta por cento (o mínimo), pero pode ser superior se o Concello decide incrementalo a través do seu Plan Xeral. Non debemos esquencer que noutras comunidades autónomas, como Madrid ou o País Vasco, teñen establecido un mínimo do 50% para a reserva de solo protexido e aínda non lles chega.

Mañá completaremos a cuestión desde a perspectiva que atinxe a Baiona.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 11:05  

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress