Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » O patrimonio non se toca

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

venres, setembro 28, 2007

O patrimonio non se toca

sos serra da grobaHoxe a asociación SOS Serra da Groba nos leva de excursión, de man de Xosé Lois Vilar, o home máis nomeado nos últimos meses. Arqueólogo membro do IEM, participante no proxecto de recuperación da memoria histórica na Volta dos Nove, encargado da musealización do Outeiro dos Lameiros e agora Presidente do movemento que aglutina a diversos colectivos opostos á instalación do parque eólico na Groba.

As saídas son varias, para facilitar o encontro. Ás 19.45 en Santa Marta, ás 20 horas en Chan da Lagoa e ás 20.30 na Cruz de Pau (na estrada Baiona-Torroña).

De alí partirán ao encontro  das mámoas, petroglifos e diversos bens culturais e patrimoniais dos que se atopan na nosa Serra e aos que non lles damos o valor que realmente precisan. Pode que o intento de construir este parque eólico nos sirva a todos para que sepamos que temos unha cantidade enorme de patrimonio histórico e non sabemos quitarlle partido, acustumados como estamos a que os museos e monumentos teñan que ser de carácter relixioso ou arquitectónico.

Nin que decir ten que o arraigo dos curros sí que teñen o seu debido recoñecemento, o que non está tan claro é se os muiños de vento afectarán tanto aos cabalos como se dí. Hoxe escoitaremos os argumentos de SOS Serra da Groba e sacaremos as conclusións ao seu debido tempo.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 13:30  

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress