Adeus don Jesús
O Patrón Maior da Cofradía de Pescadores se xubila. O señor Méndez pasará á historia pola infructuosa loita contra un concurso de Portos de Galicia que afectaba moito menos á baía que o recheo de Ronáutica, pero que contou con moito máis apoio institucional e popular. Atrás quedan xestos tan nobles como dimitir de cargos institucionais a dous meses da súa xubilación (habería que saber se o faría de non estar a xubilación tan preto).
Sucédelle Ramón Costas, do que non podemos emitir valoración ata que vexamos co tempo a súa actuación na Cofradía.
Somentes empañará as actuación do señor Méndez nos seus dez anos de mandato na Cofradía: o seguidismo ao Partido Popular que sempre exerceu. Normal se entendemos a afinidade política con este partido, a quen non lle podemos culpar deste tipo de actuacións? Non lembramos un só Presidente de ACEBA que non actuase de igual forma.
En fin, señor Méndez, que noraboa por todo o traballo ben feito e descanse, que xa lle vai tocando
chúzame - 

O sr. Mendez como decindes vos, eu chamolle suso,durante o seu mandato, tivo as suas luces e as suas sombras.Recordo cando o Prestige, que a mancomunidade do Val Miñor quiso porse mans a obra para retirar o chapapote, estando todos na lonxa de Baiona,él encargouse de votar a todos (daba a impresión que lle facian sombra)excepto a srta Aurora Carballal(PP) e o sr.Vilar(daquela tamen PP)que todolos dias mangoneaban a lonxa como na sua propia casa, eses non lle estorbaban.Cando foi a manifestación contra Ronautica non apareceu mais que a ultima hora e medio escondido,non mobeu un so dedo encontra do recheo nin en contra do porto(claro que daquela estaba D.Manuel na xunta).Agora que todo indicaba que o PSOE iba a conceder esta ultima lámina de auga a Ronautica(segun decian para devolver favores), nos prometeu unha folga de fame, ¡AH! pero os calculos fallaron e como a concesión foi para o Monterreal club de Iates, o sr Suso como ahí ten moitos amiguetes, non vai facerlle un feo, enton colle e dimite.
No Cabildo, os que non son da sua ala, estan arrinconados e marxinados o mais puro estilo franquista que o final de contas e do que el presume,os que o sustituiron son mais do mesmo, tan so debendes de escoitalos, ou sinon comprobade nas listas electorais que iban nas municipais.Estas son algunhas das suas sombras, outro dia si me entero de algunha das suas luces xa volas contarei.
Comentario por xocas — 28 novembro 2007 @ 0:06