A anotación no día de onte sobre o lixo derivou nos comentarios cara outro tema digno de opinión. Congratulámonos de que os visitantes de Baiona Consciente fagan que o noso bloge cobre vida e xa camiñe soa. É por iso que hoxe imos falar do movemento veciñal en Baiona.
Nun concello como o de Vigo, o movemento veciñal pón e quita Alcaldes e non só é un axente influenciador da vida política, é un caldo de cultivo de onde saen moitos políticos.
Todos os partidos políticos o saben e tentan unha relación cordial con eles, porque unha confrontación directa supón unha debacle electoral.
En Baiona a situación poderíase decir que é á inversa. (máis...)
chuzame -
posted by baionaconsciente at 12:45
¿Xogamos? A ver se atopamos a sustancial diferenza entre a primeira imaxe, tomada en Redondela e a segunda, tomada en Baiona.
O sustancialmente diferente é que en Redondela levan tres días de folga e en Baiona o servizo municipal non o está.
Para moitos unha vergoña, para outros, entre eles membros da corporación municipal, a culpa é dos veciños de Baiona, que tiran todo por fora.
Non podemos negar que algo de culpa temos todos ao non cumprir cos horarios para depositar o lixo, pero como ven se pode ver nesta foto, cortesía de valminor.info, non só é ese o problema:
(máis...)
chuzame -
posted by baionaconsciente at 11:47
Do máis destacable da entrevista que se publicou onte no Faro de Vigo, salientamos o anuncio de que se verá o novo PXOM antes deste Nadal. O agasallo de Nadal tamén virá acompañado do PEPCHA e o Plan Especial de Portos.
Como xa tiñamos anticipado, o 2008 será un ano moi interesante e crucial para o Baiona do século XXI. Decisións de enorme calado hipotecarán ou solucionarán a vida a moitos baioneses, poderán colocar ao noso concello na vanguarda ou o destrozarán irremediablemente. Son de tal importancia estes momentos que un paso en falso ou unha boa xogada a tempo poden dinamitar ou catapultar a vida política de calqueira dos membros da corporación municipal e mesmo das forzas activas que rodean aos partidos políticos.
(máis...)
chuzame -
posted by baionaconsciente at 12:35
A loita contra os muiños de vento segue no noso entorno. Desta vez SOS Serra da Groba vai comezar a explicar aos colectivos e cidadáns directamente afectados polo parque eólico a súa incidencia e consecuencias futuras. O medio que empregará serán as charlas informativas.
Xa que logo, vannas iniciar este fin de semana, concretamente hoxe a partires das 21 horas, nas Escolas de Torroña. Agardamos con impaciencia que nos convoquen en Baiona. A resposta debería ser masiva.
A tarefa deste colectivo vai ter que ser ardua, porque non é fácil explicar á xente que uns muiños de vento poden ser nocivos co entorno. Sobre todo cando os ecoloxistas levan máis de trinta anos modificando a opinión pública cara as enerxías renovables. Ánimo e desde aquí o noso apoio a tan fermosa iniciativa.
chuzame -
posted by baionaconsciente at 8:07
Recentemente gran parte da cidadanía de Baiona se manifestaba en contra de "urbanizar o mar" cando se concedía mediante concurso a explotación dunha lámina de auga.
Hoxe, vemos vaise ampliar o porto pesqueiro. Amplíase para instalar infraestructuras necesarias para os mariñeiros e mariscadoras. Se temos en conta que Ronáutica ainda ten pendente a metade do seu recheo, ¿non se tratan estes casos de urbanizacións directas no mar?
(máis...)
chuzame -
posted by baionaconsciente at 13:32
Hai veces que un pequeno detalle define actitudes que non resultan visibles a primeira vista. Se releemos a anotación de onte, poderiamos enterder que deixamos unha porta aberta a que desde o Concello se practica unha sorte de insolidaridade social, pero non era esa a intención.
(máis...)
chuzame -
posted by baionaconsciente at 10:12
O título non está exento de certa ironía, por suposto, buscando a complicidade do lector para que siga lendo a anotación. Entendemos que calqueira ouro, veña de onde veña, non ter porque rexeitarse, sempre que sexa froito dunha xusta transacción.
O tema ven ao caso pola nova publicada na Voz de Galicia anunciando que empresarios israelís acudirán a un congreso no Parador de Baiona. Aproveitouse a visita para que o representante israelí asinara no libro de ouro do noso concello, xa é casualidade o nome.
(máis...)
chuzame -
posted by baionaconsciente at 13:56