Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » ¿Público o privado?

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

mércores, outubro 17, 2007

¿Público o privado?

galescolasPro fin aparece a nova tan agardada polos pais e nais de Baiona. Parece ser que 2008 será o ano da Gardería Municipal. Sempre e cando non xurda algunha discordia adicional.

Durante a campaña electoral a Sito Almuiña non lle parecía moi acertada a aposta polas Galescolas e seica parecía decantarse por unha concesión privada, dubidando de que a alternativa pública fora máis económica para os baioneses.

Agora, pasada a voráxine das eleccións e templados os ánimos, a idea de que a gardería baionesa se integre na rede galega de galescolas parece ser unha opción seria a considerar, sobre todo porque Nigrán e Gondomar xa asinaron o convenio e se fora Baiona a única excluida poderiamos comparar cos nosos veciños e tirar conclusións dun polémica decisión. Está claro que o risco cero é apostar polas Galescola e se sae mal, culpar aos nacionalistas, que para iso é idea deles. O Alcalde tira rendemento político se sae ben e se sae mal, tamén.

Polo contrario, se apostase por unha concesión e o servizo non fora polo menos igual de bo e económico que en Nigrán ou Gondomar, a oposición tería unha excelente oportunidade de minar a confianza da cidadanía no Goberno Municipal.

Por outra parte, lonxe das teorías manipulistas de sectores radicais que consideran as galescolas o medio de manipulación dos nenos hacia posturas nacionalistas, a rede pública galega de garderías é unha iniciativa moi interesante, diso xa falamos alá polo mes de Xuño. Simplemente é unha volta á xestión pública de servizos esenciais á cidadanía. ¿En mans de quen queremos deixar o coidado dos nosos nenos, dunha Administración pública ou dunha empresa privada? Caben moitas interpretacións a esta pregunta, sempre variando segundo o prisma polo que se mire. É un debate que se está a xerar a nivel español coa asignatura de Educación para a Cidadanía, ¿debe o Estado orientar a formación dos nosos fillos? Se nos adentramos máis nesta controversia corremos o risco de enfangarnos coa lama da política máis dura.

Se somos capaces de eliminar deste debate o compeñente político nos queda unha simple pregunta: ¿xestión pública ou privada? A todas luces a xestión pública é máis xusta, xa que o financiamento se obtén de impostos proporcionais. Os que máis teñen máis contribuen en servizos que disfrutan todos os cidadáns por igual. Ése é o principio fundamental dunha sociedade xusta e social, outra cousa é que os partidos que propugnan este modelo de sociedade o efectivicen.

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 13:32  

2 Comentarios »

  1. [...] tiñamos comentado, máis dunha vez, que era a solución máis adecuada para Baiona, a pesares de que en campaña das [...]

    Aviso (Pingback) por Baiona Consciente » Fumata branca — 4 abril 2008 @ 11:14

  2. [...] polo pasado mes de Outubro xa tiñamos comentado que a opción perfecta para Baiona era integrarse na rede galega de galescolas. As razóns xa as [...]

    Aviso (Pingback) por Baiona Consciente » Benestar baionés — 21 abril 2008 @ 11:25

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress