Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Vendidos ao ouro xudeu

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

mércores, outubro 24, 2007

Vendidos ao ouro xudeu

xudeus en baionaO título non está exento de certa ironía, por suposto, buscando a complicidade do lector para que siga lendo a anotación. Entendemos que calqueira ouro, veña de onde veña, non ter porque rexeitarse, sempre que sexa froito dunha xusta transacción.

O tema ven ao caso pola nova publicada na Voz de Galicia anunciando que empresarios israelís acudirán a un congreso no Parador de Baiona. Aproveitouse a visita para que o representante israelí asinara no libro de ouro do noso concello, xa é casualidade o nome.

¿Queremos xerar debate sobre a cuestión? Poderiamos abordalo por múltiples lados, quizáis o máis sinxelo sería concluir que sendo empresarios, da igual de onde veñan e o que fagan, se é bo para o pobo... iso é o que dín os vellos do lugar. Teriamos que pechar os ollos ante as tropelías que cometen co pobo palestino. Entonces habería que decir que non todo o pobo xudeu está a favor dos actos do seu goberno, é máis, hai unha forte oposición que esixe un trato igualitario no conflicto palestino.

É verdade, sería unha sinxela solución a un posible dilema moral, pero moitos no podemos deixar de pensar que debido a unha arbitraria decisión, supostamente determinada por un ser todopoderoso, un conflicto se eterniza a costa das vidas dun pobo que non ten armas coas que defenderse.

Non sexamos demagogos, sabemos perfectamente que si unha delegación do pobo palestino vén a Baiona, o Alcalde tamén a recibiría e lle daría a asinar no libro de ouro do concello. ¿Ou non?

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 13:56  

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress