Detalles xustos
Hai veces que un pequeno detalle define actitudes que non resultan visibles a primeira vista. Se releemos a anotación de onte, poderiamos enterder que deixamos unha porta aberta a que desde o Concello se practica unha sorte de insolidaridade social, pero non era esa a intención.
Nun dos días que pasabamos polo Concello, observamos un detalle que a moita xente se lle pode pasar ou mesmo pode que non se valore na súa xusta medida. A máquina expendedora de café sirve producto suministrado polo comercio xusto. Non imos extendernos aquí explicando que é o comercio xusto, para iso xa incluimos o enlace para que os curiosos se entreteñan averiguando unha iniciativa moi loable.
Parece un xesto meramente comercial, pero indica claramente que alguén tivo a decencia de, ante unha simple decisión, pensar nos menos favorecidos e tomando unha decisión consciente e solidaria. Noraboa a esa persoa, sexa quen sexa.
chuzame - 
