O xogo das diferenzas
¿Xogamos? A ver se atopamos a sustancial diferenza entre a primeira imaxe, tomada en Redondela e a segunda, tomada en Baiona.
O sustancialmente diferente é que en Redondela levan tres días de folga e en Baiona o servizo municipal non o está.
Para moitos unha vergoña, para outros, entre eles membros da corporación municipal, a culpa é dos veciños de Baiona, que tiran todo por fora.
Non podemos negar que algo de culpa temos todos ao non cumprir cos horarios para depositar o lixo, pero como ven se pode ver nesta foto, cortesía de valminor.info, non só é ese o problema:
1º.- Moita xente descoñece a ubicación do punto limpo e a súa función.
2º.- A maioría da xente carece de medios para levar colchóns, mobles e outros refugallos de grandes dimensións ata o punto limpo de Baiña.
3º.- A unha inmensa maioría de xente non lle apetece ir ata o punto limpo cargado ata arriba, cando pode tiralo ao pé da casa do veciño.
4º.- Non existe un estudo de volume de lixo por zonas, ou non se está a aplicar, senón non se entende o escaso número de contenedores nalgunhas zonas e o exceso noutras.
O problema do lixo non é só cuestión dun servizo municipal deficiente, tamén implica posibles riscos sanitarios. Con isto non se pode xogar, sobre todo cando se trata do único servizo de recollida non privatizado no Val Miñor.
chuzame - 

E digo ben. Non é todo culpa dos veciños que por exemplo os contenedores teñan as tapas rotas e alimenten a gaterío e as ratas da contorna.
Tampouco é culpa dos veciños que xamais se valdearan e que estén cheiños de roña incrustada.
Tampouco é culpa dos veciños que sexan pequenos e insuficientes.
Tampouco é culpa dos veciños que o servizo de recollida deixe sempre os contenedores coa tapa aberta (os que o teñen)e permitan que cans e gatos esparzan o lixo.
Tampouco é culpa dos veciños, que non existan puntos verde con todos os seus contenedores para poder reciclar (o que ten papel non ten plásticos, o que ten plásticos non ten organícos).
Tampouco é culpa dos veciños que non se limpen as contornas onde están ubicados os contenedores, onde papeis e pingos enxurrentos manchan toda a acera e fan proliferar todo tipo de moscas e mosquitos.
Pero sí e culpa dos veciños estar calados e pagar un imposto ante un servizo tan pésimo.
A min gostaríame saber que opinan por exemplo a Asociacións de Veciños Castro Ladeira de Sabarís. Porque cando foi do tema da depuradora que quería clavarnos Corina Porro, rápidamente se puxeron detrás da pancarta e pegaron papeis en todas as farolas. Pero xamais escoitei piar a ninguén por este tema.
Comentario por Pinto — 30 outubro 2007 @ 13:07
Amig@ Pinto.
A Asociación Castro e Ladeira o igual que todas as asociacións veciñais de Baiona (Asociación de Veciños de Baredo, Asociación de Veciños de Baiña, Plataforma veciñal de Baiña), levan reclamado non 1 nin 2 veces esta situación, senon centos e centos de veces.
Cando falas da manifestación en contra da Macrodepuradora, non foi Castro e Ladeira quen se puso detras da pancanrta, senon que fomos todos os colectivos así como todos os grupos polítcos (ainda que algún viñese a calzador).
A Asociación de veciños Castro e Ladeira está neste momento a espera, de que veciños e veciñas de Sabarís se animen, a conformar unha directiva, xa que dende o pasado mes de Marzo, a Directiva actual pasou a estar en funcións tras unhas eleccións onde non se presentou ningunha candidatura.
De todos xeitos estamos totalmente de acordo co que se está a manifestar tanto nesta nota coma en prácticamente todo o Blog.
E QUEREMOS ANIMAR A TODOS OS CIDADANS DE BAIONA a que unan esforzos e non se queden calados, cando algo non está ben temos a obriga moral de denuncialo PUBLICAMENTE.
A UNION FAI A FORZA.
Comentario por Castro e Ladeira — 30 outubro 2007 @ 16:55
Soamente foron 18 meses, pero foron 18 meses onde o servizo de Lixo funcionaba.
Despois de conceciar os veciñ@s colocando carteis informando dos horarios de recollida do lixo, dos inertes e das podas. Aquel cartel que cando entrou a gobernar o Sr. Rodal unha das súas primeriras accións foi tapar con cinta de embalar oden aparecía que os Luns se recollian os Inertes (lavadoras, neveras, mobeis) e o Mercores se recollian (Podas).
-Os empregados eran os memos ou incluso me atrevería a decir que menos.
-Os medios eran precarios, recordades aqueles camiños?.
Sen embargo o servizo FUNCIONABA.
AGORA con máis persoal e medios o servizo non funciona (E xa non estamos no Verán).
¿Será que queren prepararnos para privatizar o servizo?
¿Ou será que queren subir de novo o recibo do lixo?
O único que cambiou dende aquela ata hoxe é que o Concelleiro de Limpeza.
Antes era Xose Enrique Fernandez,
Agora é Manuel Vilar.
Comentario por Roberto — 30 outubro 2007 @ 17:24
Prezado Roberto. Entendo que falas en nome do BNG e que eres o Responsable Local dos nacionalistas. Se é así debemos entender que se Manolo Vilar é tan ineficaz, entonces o BNG non pactará nunca máis con el. Pola sanidade na vida política de Baiona sería de agradecer que desapareceran personaxes coma ésta.
Comentario por baionaconsciente — 30 outubro 2007 @ 20:44
Pois sinto decirche que eu si que estou de acordo como veciño de Sabarís, co que dí o primeiro comentario. A manifestación do da macrodepuradora foi algo precipitado e absurdo, dado que era un proxecto que a simple vista era unha atuéntica burrada e non tiña sentido ningún darlle bombo ningún. O que sí deberíades facer é obligar ao PP facerlle fronte a ese proxecto e esixirlle que defendese os intereses de Baiona. E asunto zanxado. E a estas alturas deberiades darvo conta que foi inutil cando aquel sábado non había nin 80 persoas naquela manifestación.
Por que? Sería bó analizalo.
Referente ao asociacionismo. Eu. Veciño de Sabarís. E doume por unha persoa ben informada. Leo a prensa, sigo internet, e teño amizades no entorno. Nunca souben de que a AVV Castro Ladeira estaba en funcións dende Marzo e buscaban xente.
Por iso non podedes dicir que esperades a que os veciños se animen. Teredes que ir a buscalos e o máis importante é que teredes que avisar e difundir ese comunicado. Se non xa podedes tirar anos así. As comisións de festas van casa por casa, e fan carteliños (como aqueles da manifestación que di Pinto), sigo.. van casa por casa pedindo axudas, buscando xente para a cmoisión de festas. Pois isto non debería ser distinto. Facer un equipo, e facer unha campaña para capatar socios veciños de Sabarís. Expor as ventaxas de estar unidos nesta fronte común. E por enmarcha todos os mecanimos.
Eu coido que non é dificil. Pero repito, se estamos agardando a que se animen. Vamos aviados.
Ao final o traballo todos sabemos que o fan 4 ou 5, que son o motor do asunto. Pero polo menos se sinten apoiados e con resposta.
Se non empezamos por aquí. Pouco nos queda que roer, por centos e centos de reclamacións sobre o Lixo que fagades no concello.
Eu estou nunha tesitura complicada para entrar a formar parte dunha directiva pero si quero ser socio da AAVV castro ladeira. digo que estou nunha tesitura dificil porque vivo en Baiona pero ainda sigo empadroado en nigrán por unha cuestión médica.
Roberto, sen acritude nengunha. Tes que recoñecer que o movemento veciñal en Baiona está totalmente extinto e é un caldo perfecto para a desinformación e para que algúns campen anchamente nalgúns terreos, como os do PERI3 de Sabarís, que se comentou neste blog..pero sin profundizar nos asuntos. Eu si considero que o estado de Sabarís é lamentable. e critico ao BNG a falta de contundencia para fungar e mobilizar á xente sobre os problemas que temos todos os veciños de Baiona sen excepción. Lixo, estradas, contaminazión, limpeza, etc…
Candoforon as elecións municipais casi me reventa o fígado do mal que me puxen vendo como unha estrada totalmente desfeita como a estrada da rúa Xulian Valverde, a estaban pintando. PINTANDO por riba de baches, taludes e afundimentos.
Iso é unha burla sen precedentes. SEN PRECEDENTES. Cando esta estrada o que precisaba era ser asfaltada. E logo vanse gastar 90 millóns nun museo de non sei que de América.
Pois a oposición tiña que estar pondo o grito no ceo ante tal atropelo aos veciños de Nigrán. Pero pola contra nada de nada. E pasou o tema. E seguimos tengo baches, socabóns e taludes nesta estrada.
Non podemos quedarnos en que un partido político leve ou non unha moción a un pleno. O que ten que facer é levalo a todos os plenos e mobilizar á xente para ir cada día aos plenos a pedir o mesmo ate que se lle escoite.
Que un partido forme parte da oposición non quere dicir que non poida liderar un chamamento ou unha mellora para os veciños. Se non? de que serve estar nun goberno?.
Cando estaba levando a asunto do lixo o voso compañeiro Pepe de Sabarís, iso ainda tiña algo de color, pero mesmo de aquela algúns veciños se permitían o luxo de criticar. Agora,…mutismo total. Un servizo que é o máis precario do Val Miñor e ninguén di nada. ainda que suban o prezo deste inservizo.
O estado de Baiona no verán erá lamentable. Clamaba ao ceo. Eo BNG o que tiña que estar facendo era mobilizando á xente. E ao mellor o que había que facer é levarlle o lixo á porta dun pleno si é que o alcade non era capaz de velo. Si ese era o problema.
De nada serve presentar un escrito no concello se o que van facer con el é pasalo polo arco do triunfo. Se non, tedes un exemplo coa movida en Monteferro. Crees que por presentar un escrito ao concello, á deputación e a xunta o asunto foi suficiente para que se paralizase unha obra que era ilegal? Pois non.
tedes que facer un pouco de autocrítica e daros conta que o BNG non está chegando á xente. E que vivimos inmersus nunha grande desinformación. O caso de Torroña e SOS Groba é un caso latente do engano que sufre a poboación que non ten nin capacidade para chegar a información á que chegamos calquera de nós.
eu che brindo dende aquí o meu apoio para lanzar de novo esa AVV que considero moi pero que moi necesaria para Sabarís.
Si te das conta, no teu comentario enumeras vairas asociacións, 2 da mesma parroquia. Que pasa co resto dos veciños?. En Nigrán hai máis asociacións que parroquias..e non me refiro a asociacións culturais, se non a asociacións de veciños.
Como creedes entón que se impiden as inxusticias e o soberanismo que nos rodea? PXOM de Nigrán, urbanización de Monteferro, Campo de Golf de Chandebrito, Campo de Golf de Tomiño, … se Baiona continúa así de sumisa xa podemos olvidarnos de ter un concello modélico. O que teremos será un concello sumiso.
Comentario por Pietro — 30 outubro 2007 @ 23:30
Pietro, quero agradecer as túas palabras.
Isto é precisamente o que fai falla.
Que os veciñ@s de Baiona expresen as súas inquedanzas e critiquen o traballo dos grupos políticos.
É certo que o BNG non fixo ben as cousas, os resultados así o demostran. O resultado das últimas municipais fixeron que internamente o BNG tivese que facer unha importante reflexión e modestamente coido que algo debemos de ter aprendido, así como tamén coido que algo debería de comezar a notarse na rúa.
O BNG despois de estas eleccións municipais coido que saiu reforzado internamente.
Ainda e pronto pero en só catro meses o BNG de Baiona reactivouse está na brecha en todos os temas candentes de Baiona. E máis incluso me atrevo a decir que é o BNG quen está a marchar os pasos na política Baionesa.
1.- O BNG está claramente en contra do Parque Eólico Albariño I, de feito e o único partido polítco que día de hoxe se integrou plenamente en SOS A Serra da Groba.
2.- Tomamos a iniciativa para lograr dar unha solución a Batería de Silleiro.
3.- O Alcalde está convocando as Comisións de seguimento das riadas sempre despois de que sexa o BNG quen denuncie que non se fan.
4.- Denunciamos públicamente o estado de abandono do Bidon en Baredo, que porcerto, xa retiraron.
5.- Volvémonos a posicionar nóvamente en contra da privatización da lámnia de Auga.
6.- Damos Alternativas para o Museo do Mar.
7.- Denunciamos vertidos incontrolados en Baiña.
8.- A partires de Setembro temos na rúa un Bolentin mensual.
Que todavía podemos e debemos facer máis?, estou totalmente deacordo.
Agradecemos todo tipo de comentarios, e tomamos moi boa nota de todos eles.
Comentario por Roberto — 31 outubro 2007 @ 17:52
[...] Definitivamente o problema da recollida do lixo salta á palestra. Xa tiñamos falado irónicamente a finais de Outubro do tema, co galo da folga en Redondela. Agora tócanos a nós, pero coa salvedade de que aquí somentes será as fins de semana. Un xesto que honra aos convocantes, porque os cidadáns non temos que pagar a ineptitude dos nosos representantes políticos. Desde a web amiga valminor.info lévase desde denunciando este problema desde hai moito tempo. Os grandes medios de comunicación recollen agora esa inquietude. Tarde piáchedes, compañeiros, o lío xa ven de antes. Un servizo de recollida de lixo como o de Baiona, o único do Val Miñor que é de xestión municipal, leva moito tempo sendo deficiente na súa tarefa. A maniobra política en torno ao problema pode querer facer inevitable que se teña que privatizar a través dunha concesión, ese gran cancro da política municipal que permite que unha empresa privada se lucre a costa dos cidadáns. [...]
Aviso (Pingback) por Baiona Consciente » Estoupido de lixo en Baiona — 17 novembro 2007 @ 9:23
[...] folga, ata a súa satisfactoria resolución. Tentados estivemos de ironizar co tema, pero xa era un xiro dramático empregado anteriormente e, ademáis, iamos errar [...]
Aviso (Pingback) por Baiona Consciente » Folgas a distinto nivel — 28 xullo 2008 @ 18:59
hola son de baiona e quedo moi contenta a over que moitas veces dixen estas cousas apersoas que supuestamente traballan para oben de baiona e agora eu son mala persoa en baiona non funciona nada solo os cartos que nos todos lle regalamos por que din que traballan e por mala sorte sei por que o digo tamen perdoade as miñas faltas de ortografia e estou contenta de ver que non todos nos calamos estou con baiona
Comentario por maria — 29 xullo 2008 @ 14:28