Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Movemento veciñal

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

mércores, outubro 31, 2007

Movemento veciñal

sabris e ladeiraA anotación no día de onte sobre o lixo derivou nos comentarios cara outro tema digno de opinión. Congratulámonos de que os visitantes de Baiona Consciente fagan que o noso bloge cobre vida e xa camiñe soa. É por iso que hoxe imos falar do movemento veciñal en Baiona.

Nun concello como o de Vigo, o movemento veciñal pón e quita Alcaldes e non só é un axente influenciador da vida política, é un caldo de cultivo de onde saen moitos políticos.

Todos os partidos políticos o saben e tentan unha relación cordial con eles, porque unha confrontación directa supón unha debacle electoral.

En Baiona a situación poderíase decir que é á inversa. Hai colectivos que funcionan para gabar aos gobernantes, a ver se así tiran algo para a súa parroquia. Como os polñiticos saben deste comportamento, premian aos colectivos afíns e desprezan aos críticos. Polo ben do noso concello, esta situación debería mudar. O asociacionismo é a pedra fundamental da democracia participativa, pero aos partidos políticos non lles interesa ter máis oposición da que xa teñen entre eles.

Así, o núcleo urbano de Baiona non ten nin unha soa asociación veciñal. O Casco Vello, que debería ser o símbolo de Baiona dentro e fora das súas fronteiras, non ten voz propia. Covaterreña e San Antón son máis populosas que algunha outra parroquia. O resto do centro urbán de Baiona, a zona máis urbanizada de todo o concello, tampouco ofrece mostras dalgunha actividade asosiativa. Santa María de Baiona é a parroquia más poboada do concello e Sabarís a segunda. Curiosamente ambas están nestes momentos fora do movemento veciñal, por distintas razóns.

A A. VV. Castro e Ladeira funcionou ben hai un par de anos, logo a directiva decidiu abandoar e deixar toto o traballo empantanado. O seu Presidente era Roberto Valverde, agora responsable local do BNG. No comentario que deixou onte espuxo que acabaron o seu mandato e non quixeron seguir, non habendo relevo. Non valoramos os motivos desa non renovación dunha directiva que o estaba a facer ben. Non semella que sexa porque os veciños non respalden o traballo realizado, porque non se presentou candidatura alternativa. O caso é que moitos veciós expresaron o seu malestar por esta actitude de abandono dunha asociación cunha vagaxe considerable. Quizáis as riadas ou a incorporación do Presidente á vida política activa poideran ter algo que ver.

No resto das parroquias, as asocacións veciñais quedan ás veces oscurecidas polas Comunidades de Montes, debido á maior capacidade económica destas últimas. Baredo, Belesar e Baiña teñen esta duplicidade de colectivos, ainda que nalgúns casos AA.VV e CC.MM van da man para traer o ben para a súa parroquia. Desta colaboración danse paradoxas tales coma que a Comunidade de Montes sufrague infraestructuras en lugar de esixilas ao Concello.

Queda un longo camiño de normalidade democrática a nivel veciñal e de asociacionismo, pero sen axuda difícilmente se poderá mudar algo. O Goberno Municipal debería comandar esta normalidade ou mesmo algún dos partidos da oposición. O problema sería que se se produxese algunha das dúas circunstancias, os do outro bando falarçian de "instrumentalización dos veciños". É o malo da política, é imprescindible pero mancha alá por onde pasa.

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 12:45  

4 Comentarios »

  1. Onte quedou patente que esta iniciativa está comezando a recoller frutos.

    Que veciños e veciñas de Baiona poidan expresar libremente as súas opinións e que tamén poidan ser contestadas, aconselladas ou criticadas.

    Xa o teño comentado en moitas ocasións o problema que teñen os veciños e veciñas de Baiona é a desinformación. E por isto polo que temos que apoiar inicaitivas coma a posta en marcha deste Blog. Así como tamén temos que ir na procura da posta en marcha de máis medios para poder chegar o resto de veciños e veciñas do noso Concello.

    Comparto plénamente a necesidade de que existan colectivos, colectivos vivos e con voz propia.

    Mirade eu podo falar da miña propia experiencia,
    en Xuño do ano 2003. Constituiuse novamente a A VV Castro e Ladeira despois de que durante moitos anos estivese a fronte de ela Ramón Cima, rogando por toda a Parroquia que alguen tomase as rendas do Colectivo.

    En plena campaña preelectoral das municipais do 2003 Ramón Cima convenceume de que tiñavamos que activar a Asociación de Veciños e pediume que lle vostase unha man. E así fixen, convocamos a todos os veciños no local do Casino de Sabarís e de alí soliu comprometida unha serie de veciñ@s para por en marcha de novo este colectivo.

    Foi o 29 de Xuño cando comezamos a nosa andadura, sen socios e sen cartos. Recordo perfectamente que aquel día comentei que tiñabamos que pornos como meta chegar as 300 familias sócias para deste xeito poder facer algo por Sabarís.

    Puxemonos máns a obra, xa naquel mesmo verán organizamos un bo número de actividades Culturais en Sabarís, (Tiñabamos a ilusión de facer de Sabarís non só un lugar de paso senon que queríamos que tivese vida propia.)

    Xa no seguinte no 2004 comezamos a experimentar novos actos e a ter proxectos propios que elevabamos o Concello (Saneamento no Barrio do Xuncal e Novo acceso, Saneamento Integral para os Barrios de Outeiro e Morade) Proxectos feitos e xestionados durante o noso mandato. Así como a
    realización de distintas actividades:
    -Mercado de Arte (Dentro da Praza de Abastos, para reevindicar que ese edificio pode albergar outros usos e precisa unha remodelación urxente)
    -Feira de Artesanía, Verbena do Farolillo, Festa da Empanada….

    En fin non me quero extender demasiado, o remate para a directiva foi o 22 de Octubre do 2006.

    Xustamente o día 21 reuniuse a Directiva da A.VV. para decidir o calendario para a convocatoria de Eleccións e tamén acordamos que ningún dos membros actuais nos presentaríamos a reelección, entendíamos que tiñabamos que dar paso a outra xente, entendíamos que 4 anos a fronte dun colectivo e co ritmo de traballo que levábamos era máis que suficiente. Pero co que non contábamos nós era co que pasaría o día seguinte.

    O que fixemos a partires de ese día os veciños teñen que sabelo, de feito eu e o meu compañeiro Andrés Otero, estivemos personalmente e un por un con prácticamente todos os veciños afectados e non afectados. Fomos os únicos que repartimos material de limpeza por entre os afectados, nin o Concello, nin a Deputación, nin a Xunta foron quen de facer tal. Empregamos preto de 6.000 € de todos os socios en axudar as familias.

    Puxemos unha caseta informativa na Prz. Victoria Cadaval para asesorar os damnificados, caseta que nos obrigou o Concello a retirar. Non sei se recordades.

    O que ocurriu e que un grupo de Veciñ@s comezaron a desacreditar a labor de este colectivo por unha única razón, PORQUE O SEU PRESIDENTE PERTENCE O BNG e se está a mover por intereses partidistas.

    En fin, resumindo a decisión de non voltar a presentarnos xa etaba tomada con aterioridade, non mes de Abril sóamente plantexamos o que tivemos que retrasar por mor da Riada.

    E sí teño que decir que teño falado con máis de 100 veciñ@s para que tomen a rendas do colectivo, que o traballo máis duro xa está fecito, agora solo tiñan que continualo, pero mirade, de todas a persoas coas que levo falado somentes 1 de elas me dixo que non lle importaría formar parte da directiva, eso sí el non se compromete a levar a presidencia. Sigo e seguirei intentando que se conforme unha nova directiva, polo ben de Sabarís e de Baiona, e quero aproveitar para dende aquí invitar a todo aquel ou aquela que teña a máis mínima inquedanza, que por favor, se poña en contacto comigo ou con calquera membro da directiva que o apoiaremos e axudaremos para que a A. VV. Castro e Ladeira volva a estar VIVA.

    Comentario por Roberto — 31 outubro 2007 @ 17:07

  2. Grazas Roberto pola túa exposición, agardamos que teñas sorte no labor de conformación dunha nova Xunta Directiva. En mans dos veciños de Sabarís está. Se tivestes críticos coa xestión, eses mesmos deberían ser os que tivesen a iniciativa de facer mellor as cousas.

    Comentario por baionaconsciente — 31 outubro 2007 @ 22:39

  3. É un erro que se deixe por non haber continuidade. Se a fórmula funciona non deberíades haber abandoado. E que haxa un integrante nun partido político é tontería se oque fai a AVV é polos veciños. cantos non hai nas CCMM que son de partidos políticos? ou nas asociacións empresariais? e por iso ninguén pía máis alto.pois aquí non debería ser distinto.Activemos de novo este colectivo, polo noso ben.

    Comentario por Pietro — 2 novembro 2007 @ 2:50

  4. Entendo o cansanzo de Roberto. Eu mesmo fundei e presidín diversos colectivos. O problema é que hai moita xente que por pagar unha cota pensa que está nunha entidade privada que lle da uns servizos e que as Xuntas Directivas están para darlles unha contraprestación a cambio desa cota.

    O que non se da conta esta xente é que aos membros das directivas nadie lles da un can polo seu traballo e teñen os mesmos dereitos e obrigas que o resto de socios e socias.

    Pasoume coa primeira Asociación Xuvenil que se fundou en Baiona. As institucións públicas tampouco axudaron. Finalmente tivemos que disolve-la, porque os que tiramos do carro nos cansamos de facelo e non houbo relevo.

    A respeito do que dí Prieto, lamentáblemente está mal visto que alguén do BNG estea ao fronte dalgunha iniciativa, porque “vai manipular á xente”. Xa estou canso de que moitos traballemos a reo para solucionar problemas que outros ven logo de que nós esteamos traballando unha chea de tempo para solucionalos e logo se diga que o facemos para “sacar votos”. Será mellor votar aos que non fan nada ou o fan cando se lles chora privadamente o voto?

    Eu só quixera que a xente mirara os feitos e non a marca que se nos pón. Se participo nun colectivo como unha cooperativa de vivendas é porque penso que é a forma de solucionar o problema máis grave de Baiona, non porque queira sacar votos para o meu partido. E iso o sabe moita xente do BNG e tamén do PP e do PSOE.

    Non són sectario e non quero que nadie o sexa conmigo. Será tan difícil que se cumpra o que pido?

    Comentario por Marcote — 2 novembro 2007 @ 14:18

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress