Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Estoupido de lixo en Baiona

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

sábado, novembro 17, 2007

Estoupido de lixo en Baiona

valminor.info lixo baionaDefinitivamente o problema da recollida do lixo salta á palestra. Xa tiñamos falado irónicamente a finais de Outubro do tema, co galo da folga en Redondela. Agora tócanos a nós, pero coa salvedade de que aquí somentes será as fins de semana. Un xesto que honra aos convocantes, porque os cidadáns non temos que pagar a ineptitude dos nosos representantes políticos. Desde a web amiga valminor.info lévase desde hai tempo denunciando este problema desde hai moito tempo. Os grandes medios de comunicación recollen agora esa inquietude. Tarde piáchedes, compañeiros, o lío xa ven de antes.
Un servizo de recollida de lixo como o de Baiona, o único do Val Miñor que é de xestión municipal, leva moito tempo sendo deficiente na súa tarefa. A maniobra política en torno ao problema pode querer facer inevitable que se teña que privatizar a través dunha concesión, ese gran cancro da política municipal que permite que unha empresa privada se lucre a costa dos cidadáns.

Pero agora xa non se trata dun mal servizo, agora estamos a falar de pór en perigo a vida dos traballadores do Concello. Tamén comentabamos hai tempo que unha das solucións eran os contenedores soterrados e que o único instalado en Baiona era por convenio cunha promotora. O que non sabiamos era que se fixera unha chapuza na súa instalación pola que cando se encendía unha farola próxima o colector deixaba de funcionar. Este feito cáseque causa un accidente mortal. O concelleiro de Medio Ambiente non estimou oportuno precintar os contenedores e ocultou o informe do incidente. O señor Manolo Vilar ten manifestado a súa total incapacidade para o exercicio de calqueira cargo público, polo que non nos pode sorprender esta actitude. A súa solución foi cesar a un encargado da recollida por encararse con él. No Concello de Baiona todos coñecen o grito máis popular do independente: "¡Aquí mando eu!". E non o grita só contra funcionarios, a algunha concelleira popular xa llo espetou algunha vez.

Estando a Concellería de Medio Ambiente en mans de Manolo Vilar, ¿que podemos agardar? Ante un problema que agora se tornou sindical (tamén denuncian que se cubre o servizo do Domingo con horas extras) a resposta do Concelleiro é (Faro de Vigo): "No habrá protestas porque no tienen base. ¿Qué reclaman?" Recomendámoslle que lea esta anotación a ver se se lle aclaran as ideas.

Unha última reflexión. Cando unha persoa, sendo Alcalde, leva adiante un emisario submarino que non trata as augas residuais e realiza un saneamento sen separativa de fecais e pluviais como solución ao saneamento municipal, ¿non quedaría inutilizado políticamente para exercer como Concelleiro de Medio Ambiente? En Baiona non, basta con sacar apenas cincocentos votos e ser "Concelleiro Chave".

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 9:17  

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress