Cando chove pensamos en Sabarís
Logo de estirar o bo tempo o suficiente como para amañar o desastre de Xullo, por fin chegan a choiva a Baiona. Moitos estaban agardando por ela. Todos aqueles que teñen algo sembrado na súa leira, porque o frío pode estragar a colleitas e os pozos empezaban a baixar de volume.
Pero nunca chove a gusto de todos e iso é o que pasa en Sabarís. O 2007 foi un ano desastroso, a bonanza do tempo permitiu levar a cabo múltiples obras apra tentar evitar novamente o desastre. A pesar do que podan pensar moitos veciños, fíxose moito e invertíranse moitos cartos na parroquia. A pena de todo isto é que cando todo o pobo tiña que estar unido para levar adiante as solucións necesarias, entrou a clase política e contaminou todo. Dentro desta "clase política" tamén incluimos a aqueles veciños que aplauden o que fai o seu partido e insultan e desprezan o que fan os demais. Cada un fixo o que estivo nas súas mans, se se demostrase que alguén estivo facendo menos por un mal resultado electoral ou por restar méritos a administracións non afíns, entonces sería cando os veciños se terían que levantar para esixir o seu cese. Pero todos sabemos que si o delito é en casa propia, calamos a boca.
É normal que veciños como Dolores Lenda non durmisen estes días. O recordo é recente e o Camiño Chivo é o peor lugar da parroquia, xa que a rasante do camiño é superior ás das casas. Chegado a este punto teríamos que reflexionar como puido ser que se construisen casas coa rasante por baixo do camiño. Semella que a culpa a tería quen concedeu as licencias e non comprobou a irregularidade, mais tampouco podemos exculpar aos propietarios. ¿Ou é que todo o mundo sabe agora que isto é un problema pero cando se estivo obrando eramos todos uns ignorantiños de Deus? Pode que todo isto nos sirva de lección para saber que si unha norma está será por algo e se non podemos cumplila ou non queremos, estamos exentos de toda queixa, e que aquel que nos permitiu a irregularidade tampouco está exento de culpa.
O único que agardamos é que pasemos a alerta deste Sábado sen problemas e todos arrimemos o ombro. Precísase que as obras que está a realizar Política Territorial se rematen, que se sigan recollendo as inquietudes dos veciños e se negocie entre Administracións para levar a bo fin todas as actuacións e que TODOS os políticos arrimen o ombro e traballen en conxunto. Cada disputa política tentando arañar votos será un paso atrás para o ben de Sabarís.
chuzame - 

E facil enmerdar a “clase politica ” dende o anonimato,eu revindico ser politico e presumo delo porque dende a miña prespectiva pelexo e loito polo ben do meu pobo ,da miña terra e dos meus ideais, quizas as veces me equivoque, os que non moven un dedo, esos nunca se equivocan,podo admitir que se tache de partidista a algun politico,podo admitir que politicos sin escrupulos fagan politicas merdentas, pero non debemos meter no mesmo saco a todos por un igual, porque politicos SOMOS TODOS.
Por certo,a ultima obra que politica territorial levou a cabo no rio groba, e o maior desproposito que se leva feito en
sabaris dende que se estan facendo as obras.
Ese tubo de 120 que colocaron,e unha autentica barbaridade, xa que para que por él circule auga en caso de inundación,o camiño das monxas xa tendra mais de 30 cm de auga,o pasado venres manifesteille o inxeñeiro xefe provincial de estradas que esa solución non e a axeitada.
A proposta do BNG e que se faga unha saida en linea recta por debaixo da estrada do litoral tal como contemplaba o proxecto inicial de ese vial, xa que a diferencia de nivel do camiño das monxas con respecto a marea mais alta e de 50cm segun eles nos dixeron ainda que isto supoña convertir esa rua nun fondo de saco.
Comentario por xose enrique — 27 novembro 2007 @ 0:22
Tendados estivemos de eliminar o comentario de Xosé Enrique polo seu inicio. Semellaba certamente ofensivo, mais decidimos que os nosos visitantes decidan ata que punto “manchamos” á clase política máis do que nos manchan a nós a diario, tratándonos de ignorantes e desvirtuando debates para levalos aos seu campo.
En ningún momento cremos ter dito que TODA a clase política era igual, mais si que pensamos que os bos políticos son aqueles que non triunfan na política. E diso sabe a esquerda un rato.
E non eliminamos o comentario porque Xosé Enrique, no seu primeiro comentario no noso bloge, apunta unha frase coa que concordamos ao cento por cen e pola que loitamos desde Baiona Consciente: “políticos SOMOS TODOS”. Se exercéramos todo de políticos, con coñecemento de causa, a Baiona lle iría mellor a cousa.
Sabemos que o BNG ten en Xosé Enrique un coñecedor dos problemas técnicos en Sabarís, lugar do seu nacemento, pero o que nos gustaría sería que ese coñecemento estivese á completa disposición do Goberno Municipal e que o Goberno Municipal o recollese abertamente, sen ter medo a recoñecelo, e que o PSOE anon puxese trabas desde Política Territorial ás tarefas en común acordadas. Cando non hai consenso nestes temas, é cando a política “enmerda” a vida dos cidadáns.
O BNG sempre pide que se convoquen Comisión de Seguemento en Sabarís. Non son máis que mítines. O que se debería convocar é unha Comisión Sectorial con todos os grupos políticos e con todos os técnicos. Xuntanzas privadas onde as resolucións tomadas foran unánimemente acordadas e respaldadas por todos os grupos políticos. A iso se lle chama unha boa xestión política, o demais é electoralismo.
Comentario por baionaconsciente — 27 novembro 2007 @ 12:38
Cando alguen di:”eu non son politico nin quero saber de politica” xa se sabe de que pe coxea, ese fixo que vota o PP.
Tamen e certo que as comisions de seguimento das riadas que se fan en Sabaris,son autenticos mitins do alcalde, xa se encarga él de levar a toda esa recua de fanaticas descerebradas que sempre aplauden o que diga o sr. alcalde sexa o que sexa e abuchean os demais, o BNG non aprende e segue pidindoas.¿?
Comentario por xocas — 27 novembro 2007 @ 23:35