Fin de semana reivindicativo
Este Domingo non dimos abasto con tanta actividade reivindicativa. Pola mañá concentración no Día contra a Violencia de Xénero e pola tarde manifestación apoiando o xuizo polo asasinato de Águeda. Se ven no caso de Águeda non podemos falar estrictmamente de violencia de xénero no sentido estricto da problemática, sí que foi un caso que nos fixo plantexar moitas reflexións que, realmente, non nos levaron a ningçun lado.
Neste mesmo bloge xurdiu unha pequena controversia sobre a idoneidade da manifestación, sobre todo logo de comprobar que o lema da mesma esixía o cumprimento íntegro das penas e que se realizaba xusto antes de que se inicie o xuizo oral. É unha medida de expresión e presión que podemos ou non compartir, pero o que non se pode é sair á prensa a criticar a veciños ou pedir o cumprimento íntegro das penas nun sistema xudicial que non o contempla.
Desde Baiona Consciente vaia o noso apoio e solidaridade co dolor da familia de Águeda e o máis sinceiro desexo de que o culpable ou culpables paguen polo dano provocado, no cumprimento máis estricto da legalidade e co único fin de evitar sucesos como os acaecidos.
chuzame - 

Vaya mi conformidad expresa con este comentario. Un saludo
Comentario por Pepe — 26 novembro 2007 @ 17:43