Non aos xuizos paralelos
Estamos cansos de asistir a xuizos paralelos. Perturban a serenidade dos implicados e tentan destruir a imparcialidade dos tribunais. Por elo, pode que nestes días non teñamos máis remedio que supeditar na prensa toda nova municipal ao xuizo polo asasinato de Águeda. En Baiona Consciente non imos facer un seguimento do expresado. Agardaremos a que resolvan os xuices competentes e logo tiraremos conclusións.
Ésta debería ser o costume no periodismo, mais sabemos que non é así. Os nosos visitantes quedan avisados de que se veñen a comentar detalles escabrosos, regodearse nas miserias alleas ou reflexionar sobre as maldades da humanidade, éste non é o sitio nen o momento, debemos gardar silencio e deixar como única voz á xustiza.
chuzame - 
