Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Sexamos egoistas

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

mércores, novembro 28, 2007

Sexamos egoistas

desenvolvemento sostibleXusto no día en que acadamos 10.000 visualizacións e o número de comentarios supera o de anotacións, creemos que as problemáticas fundamentais do noso concello xa se trataron nas nosas anotacións. O fluxo de debates que se están a producir nos comentarios posibilitou unha gran aportación de opinións e informacións e o resultado é que moitas veces non podemos engadir máis do xa dito. A lámina de auga, o parque eólico, as riadas de Sabarís, o lixo, o urbanismo. Baiona da moito de sí, pero como anticipábamos onte, agora hai un tema máis escabroso que producirá un vacío informativo.

Nembargantes, gustaríanos falar do publicado na  Voz de Galicia sobre o Mapa galego de risco hidrolóxico e no que Sabarís non aparecía no 2006. Unha medida máis da que alardeaba a Administración e que logo resultou ser un mapa inútil que custou millóns ás arcas autonómicas. Se ésta é a actitude da Administración ante os perogos medio ambientais, ¿que se pode achacar á sociedade en xeral? E que ás veces tómanse con moita ledicia os informes medio ambientais que se esixen nas obras civiles. Moitos pensan que é un trámite que impuxeron os ecoloxistas para ir contra do progreso, logo nos chega o auga á cintura e non se nos ocurre pensar que igual naquel lugar non deberíamos estar, pensamos que é o río que está mal, que quizais habería que desvialo, contenelo ou canalizalo. Eses tres verbos, levados á educación da xente soa moi mal, ¿non sí?. ¿que pensariamos se un mestre nos día que ao noso fillo habería que contenelo, canalizalo ou desvialo das súas tendencias naturais? Pois pensemos no noso entorno coma un fillo que non ten maldade, pero sí unha certa rebeldía por poder ocupar o lugar que merece.

Xa pasaron as épocas dos bohemios ecoloxistas en zodiacs desafiando aos barcos que tiraban bidóns radiactivos ao mar. Agora temos que pensar na conservación do medio ambiente como unha medida para perpetuar a nosa existencia dun xeito razoable e sostible. Sexamos egoistas e pensemos en nós mesmos, no noso benestar e cómo o poderemos acadar.

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 13:59  

2 Comentarios »

  1. Concordo con todo o que se dí. O futuro constrúese hoxe con accións serias e sen intereses partidistas. A natureza non distingue nin se para ante os erros que os humanos cometemos diariamente e que repercuten en nos mesmos e nos nosos descendentes.
    Sentidiño e menos egoismo.
    Noraboa polo comentario tan atinado.

    Comentario por cerne — 28 novembro 2007 @ 14:34

  2. Os Estudos de Impacto Ambiental non valen para nada. Unha medida imposta pola UE e que ao final déronse conta que non vale para nada xa que todos os EIA milagrosamente cumpren todos. calque proxecto público ten o seu EIA perfectamente redactado, copia de outro EIA, e redactados por unha oficina na outra punta da península que ne moitos dos casos non pisou a zona da que está a informar, subcontratando servicios puntuais de medición a empresas locais de topografía, etc…

    Eses son os EIA. E no parque Empresarial de Porto do Molle, imos ter unha desgraza por culpa das inundación e a imprevisión política econímica, que neste caso choca frontalmente coa social e medioambiental.

    Comentario por Pietro — 28 novembro 2007 @ 20:02

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress