Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » “Jornadas” sobre benestar

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

xoves, novembro 29, 2007

“Jornadas” sobre benestar

benestarO PSOE vai celebrar o vindeiro Sábado unhas xornadas sobre políticas de benestar na Capitanía Marítima. Entendemos que é un acto de precampaña no que nos falarán de todas aquelas medidas sociais que levou adiante o Goberno Central de Zapatero. Moi habilmente se falará de políticas municipais de benestar e de leis estatais, obviando actuacións autonómicas que están noutras mans.

Tanto na web como o seu cartel son un pouco confusos na temática a tratar:

Prevención asistencia mayores axuda accesibilidade
Benestar infancia terceira idade teleasistencia persoal
Ley de dependencia
Protección dependencia prestacións traballadora
Igualdade garderías discapacidade

??? Esta amalgama de conceptos sen estructurar non son moi claros. As comas son un importante recurso ao que non se lle da excesiva importancia, pero neste caso é imprescindible. En todo caso, o acto desenvolverase pola mañá, a partires das 10 e será moi interesante sacar conclusións, sobre todo do novo secretario xeral baionés, Arturo Pereira. ¿Postúlase como o candidato do futuro ou se conformará co liderato do partido? O Sábado será o día da súa posta en escea e veremos se sigue a senda "delapeñista" ou por fín poderá deixar a súa impronta no partido e conducilo ata o difícil obxectivo da alcaldía.

O acompañarán a Arturo na xornada Mª del Mar Barcon Sánchez e Santiago Porta, ambos desenvolven as súas actividades no Concello da Coruña e poderán explicarnos o efectivo desenrolo das políticas de benestar nun goberno municipal socialista con tanta bagaxe coma pode ser o coruñés.

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 13:01  

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress