Ludopatía social
A primeiros deste mes nos enteramos de que a Policía Autonómica intervira varios Bingos, mal chamados "sociais", organizados por diferentes asociacións veciñais. As medidas causaron sorpresa entre os asistentes aos mesmos, "porque non estaban a facer mal a ninguén". Recórdanos esta frase ao xurásico José María Aznar, para quen conducir bébedo non é un problema, namentres non mate a nadie.
A realidade é que incluso nalgún deses bingos, existiu unha versión infantil. Pode ser a ignorancia ou o fervor colectivo, pero tamaña inducción á ludopatía non se podía seguir permitindo. Non é só o feito da evasión fiscal a que estaba suxeito, nin á falta total de rexistro da actividade, nin á competencia desleal coas empresas legalmente constituidas, nin tan siquera o risco sanitario de estar a rifar certos productos alimenticios (no menor dos casos) "da casa". O máis grave é o descontrol que sometemos ao feito, moi propio da nosa idiosincrasia, collemos algo e o levamos ao estremo. O mesmo sucede cos furanchos, que comezaron servindo para eliminar o exceso de producción vinícola e acabaron sendo competencia desleal a restaurantes e taperías.
A insubmisión que caracteriza a nosa forma de vida está acercándonos día a día á anarquía. Non é unha idea descabellada. Agora mesmo vemos primeiro a figura do lexislador, para logo adecuar ou non o noso comportamento á lei. Se somos de esquerdas, adoptamos a discurso de aforro enerxético e mercamos bombillas de baixo consumo, se somos de dereitas, encendemos a calefacción coas ventás abertas, que todo iso é unha patraña. Como o céntimo sanitario é unha iniciativa popular, está moi mal se somos "progres", pero vemos moi ben que se dean axudas directas á aluguer, cando é evidente que a única consecuencia que traerá será o incremento do prezo das vivendas en aluguer. A dereita critica as subidas de impostos cando está na oposición, pero logo suben un 10 ou un 20% as tasas municipais. Manolo Vilar é o salvador de Baiona ou un mangante, segundo pacte con uns ou con outros.
Se temos un prisma diante dos ollos, dificilmente poderemos ser obxectivos no noso xuizo. No caso dos "bingos sociais" estamos nas mesmas. É certo que a recaudación é para un fin non lucrativo, pero deberiamos pedir ás directivas veciñais que foran un pouco máis imaxinativas e acadasen solucións de financiación menos intrusivas e ilegais e tamén un pouco máis culturais. A todos nos iría mellor e nos levariamos menos sustos.
chuzame - 

Ainda asi non deixa de ser un desproposito - as formas de facer as cousas-,puderon facer unha chamada, unha comunicación escrita ou calquera cousa e non aparecer en plan rambo facendo o gilipollas e asustando os veciños.Igual que o outro dia na Ramallosa cando os “geos”, encarapuchados, vestidos de negro, armados hasta os dentes foron a deter a un suposto chourizo de guante branco,ou parecemos ianquis ou parbos.Amin pareceme simplemente que quen ordea esas actuacións e simplemente un descerebrado.
Por certo eu de pequeno xogaba con a miña familia a loteria con feixons e non me convertin en ludopata, nin tan siquera xogo a nada, non e necesario buscar extremos.
Comentario por xocas — 11 decembro 2007 @ 23:41
[...] hoxe por podemos deixar de abordar outro caso máis. Xa tiñamos comentado, a finais de ano, da intervención por parte da Garda Civil dos Bingos ilegais que organizaban as comisións de festas, centros culturais e asociacións de [...]
Aviso (Pingback) por Baiona Consciente » Por outros derroteiros — 20 febreiro 2008 @ 11:31