Primeiras pinceladas
O perfil do novo plan xeral semella que xa está cobrando corpo. Baiona é turística e a que non lle gusta xa se sabe por onde ten que sair. Caben 700.000 metros cuadrados para un campo de golf "para os baioneses" e 160.000 para solo industrial. De tods é ben sabida a tradición "golfística2 de certos baioneses, sobre todo contraposto á iniciativa empresarial. Montade un bar e deixádevos de experimentos con gaseosa, que os talleres mecánicos, carpinterías, empresas de distribución e outras zarandainas son cousas para os de interior. Semella que os compañeiros de Servicat e do Goberno Municipal non coñecen a verba "diversificación" e Baiona ten que ser turística. Todas as demais alternativas laborais non caben no novo deseño municipal.
A seguinte pregunta será cómo imos incrementar ao dobre os habitantes do noso concello se non lle imos dar máis posibilidades laborais que ser camareiros ou, como moito, dependentes de tendas de roupa. Todos os incrementos poboacionais producidos en Galicia parten dun desenrolo industrial cercano, por iso os concellos cercanos a cidades son os de maior incremento, salvo Baiona que decrece día a día en pobación relativa cos seus veciños.
O trinta e tres por cento de vivenda protexida semella realista e necesario, haberá que ver en que condicións se desenrolará e baixo que xestión. Anticípase a porcentaxe que marcará a Xunta e incluso se sitúa nun termo medio entre o mínimo e o máximo previsto.
Baredo será a parroquia de ouro, todos o saben e por iso a maioría dos terreos xa están vendidos ou apalabrados. Somentes os máis despistados poderán falar de tráfico de influencias, porque era vox populi que o campo de golf caer alí. Presumimos de que non queremos ser o Mediterráneo, pero os Resorts xa petan na nosa porta. Os veciños seguro que estarán contentos, máis señoritos de veciños e máis cartos polas leiras. De seguro que quen proteste estará do bando dos perdedores. Así é a vida, o desenrolo sostible é para os demais, que na miña finca mando eu.
En conclusión, moitas mensaxes ilusorias, porque no plan xeral anterior tamén Baiona ía ampliar a súa poboación ao dobre e seguimos entornos aos 10.000 habitantes. As VPO permitirán que mitos baioneses non teñan que marcharse, pero a falta de emprego pode ser un factor a ter en contra. ¿Para que teremos un F.P. no Val Miñor de electicidade e non, por exemplo, de hostelería? Son esas grandes contradiccións da política, orixinado por uns políticos que forman os seus conceptos e proxectos a curto prazo, deixando pesadas herdanzas para os que veñan. Hoxe o Señor Almuiña actuará no Auditorio Municipal como o mestre de ceremonias dun proxecto de ilusión, pero que non será máis que unha nova aposta por unha Baiona da especulación e o turismo desmesurado. As espectativas non se cumplen e semella que imos cara un plan sen consenso.
chuzame - 

[...] No PXOM se contempla unha área deportiva de 700.000 metros cuadrados nunha zona realmente apartada do noso casco urbano e limítrofe con Oia. Actualmente un semi-deserto, se non foran polos miles de cabalos e vacas que pacen alí. A primeira idea que nos vén é a do xa famoso campo de golf, tema do que xa tivemos falado aquí. Pero tal e como se reflexa no PXOM cabe a posibilidade de que os políticos do momento collan sentido e lle dean un destino máis acorde co entorno da ubicación. Pode incluso que esteamos cegados pola ira e o obxectivo real desa parcela non sexa o campo de golf, a pesares das enormes ganas que ten Manolo Vilar de ter dous, un público e outro privado. Non profundizaremos máis nesta polémica, proque xa o fixemos na anotación do pasado 18 de decembro, titulado Primeiras Pinceladas. [...]
Aviso (Pingback) por Baiona Consciente » Capital das Rías Baixas — 14 xaneiro 2008 @ 12:39