Calma chicha
Se ben a semana pasada a expectación ante a presentación oficial do texto redactado do novo Plan Xeral non daba pé a outra nova e era a comidiña de todos os baioneses, esta semana as festas do Nadal semella que mandou a todos os políticos de vacacións. Non hai máis conclusións sobre os textos presentados nin se publican nas webs dos grupos da oposición, quizais debido ao anuncio por parte da corporación municipal de que se fará oficialmente desde o Concello a partires de Xaneiro.
Namentres, un pequeno grupo de elexidos xa pode examinar aquelo ao que os Baioneses sen rango non podemos acceder. ¿Porqué se presenta con bombo en platillo un texto se logo se van producir diferentes peldaños no acceso a esa información? Tampouco queremos pecar de inxénuos e obviar que ata o día da presentación moitas persoas alleas ao equipo redactor tiñan coñecemento privilexiado do contido sustancial do Plan e mesmo.
Estos feitos poden considerarse en maior ou menor medida de información privilexiada, a gravidade dos feitos se poderá evaluar en proporción ao beneficio que uns e outros obtiveron con esa información anticipada.
chuzame - 

No BNG sí que nos pomos as pilas, pero as datas tan sinaladas retrasan un pouco os prazos. Xa temos subidos os textos do PXOM ao noso blog: bngbaiona.blogaliza.org e a primeiros de mes veredes na rúa o boletín de Novembro-Decembro (tamén debido ao Nadal non sacamos mantivemos a mensualidade).
Comentario por Marcote — 30 decembro 2007 @ 11:34
Prezado Marcote, grazas polo aviso. Baixarémonos os arquivos e iremos comentando todo o que sexa de interés e segundo se vaia xerando o debate.
Comentario por baionaconsciente — 2 xaneiro 2008 @ 13:17