O eterno rumor
Xa se tiña falado cando se presentou por primeira vez e sigue na rúa a día de hoxe, pero non chega o día da confirmación. Quizáis sexa verdade ou non e pode que logo da aprobación do PEPCHAB e o PXOM se produza por fin o feito. Pero o caso é que a día de hoxe está máis preto de ser unha lenda urbana que de convertirse en realidade. ¿De que estamos a falar? Pois moi sinxelo, moitos con certeza saben do que estamos a falar, trátase da posibilidade de renuncia do Alcalde, Sito Almuiña.
Xa cando se presentou moitas voces xustificaron a súa candidatura como unha imposición personal que non gustou nada ao propio Almuiña e moito menos á súa familia. O apoio do seu primo, Ángel rodal, permitiu que se confirmara a candidatura por dúas veces. Hoxe moitos saben da pouca disponibilidade aos xogos da política municipal do Alcalde baionés e o desencanto que lle produciu as miserias e disputas dos sumidoiros políticos. Ter como compañeiro de viaxe a Manolo Vilar permitiulle coñecer o peor da política municipal, a xestión interesada, os favores ben pagados, o mercadeo do voto e a actuación en beneficio propio. Unha persoa totalmente falta de necesidade de afundirse na lama máis noxenta non pode manter por moito tempo a respiración sen ter que estoupar.
Tarde ou cedo o feito confirmarase e Sito Almuiña marchará para casa, logo de deixar a súa pegada na política municipal e no deseño e modelo de pobo para os vindeiros quince anos. Pode querer tentar que non demasiadas mans suxas se metan no PXOM e no PEOCHAB, pero sabe que un mínimo de catro ou cinco pares están inexorablemente unidas á súa aprobación e sacarán a maior tallada posible, persoas de dentro e de fóra do Concello, pero que obterán un lucrativo beneficio cos textos aprobados. Pode que todo isto se tivera evitado si á hora de negociar o nome do Alcalde de Baiona para os vindeiros catro anos todos os partidos tiveran acordado obviar a presencia do "maldito concelleiro", pero como sempre a ansia de poder e o ego persoal puido máis que a racionalidade e o feito inexcusable de que o Partido Popular é maioritario en Baiona e calqueira outra aritmética a día de hoxe é unha utopía. Outra cousa será dentro de catro anos, pero non sabemos nin tan siquera si estaremos alí para contalo.
chuzame - 

Rumores hai moitos, até que van cair no BNG o Alcalde e o seu primo, XDDD. É verdade que mo dixeron, pero de ahí a que sexa verdade o feito, hai un bo treito. Penso que Sito Almuiña seguirá toda esta lexislatura e logo buscará un relevo e o seu primo se marchará con él.
Comentario por Marcote — 30 decembro 2007 @ 11:37