Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Conclusións e propósitos de enmenda

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

sábado, decembro 29, 2007

Conclusións e propósitos de enmenda

cabodanoNovamente imos ter un pequeno parón estival, desta vez debido ao cabodano. É tempo de tirar conclusións do 2007 e de comprometerse a mudar actitudes no 2008. Estaría ben que os nosos políticos e outras personaxes públicas realizasen tamén estes dous actos e manifestasen públicamente a súa postura en ambos casos.

Desde Baiona Consciente podemos concluir sen nengunha dúbida que os dous momentos máis importantes do 2007 son os comicios municipais e a presentación do PXOM. Antes de Maio o 2007 non existiu, é un vago recordo manchado por personaxes de dubidosa calidade como a de Benigno Rodríguez e o seu séquito de impresentables personaxes. Os resultados electorais depararon un resultado que todos sabiamos, Baiona é de dereitas, ou polo menos iso cre. O intento de acadar unha maioría de esquerdas é verdade que cáseque se acada, ainda que teriamos que valorar se as candidaturas socialista e nacionalista representaban o que moitos entendemos como ideas de esquerda. Como non deixaremos de salientar, foron os comiciso que limparon de certas impurezas a vida municipal baionesa, certamente teriase limpado de todo se non fora polos intereses personais que obraron para que non gobernara a lista máis votada. Finalmente se colou unha rata na casa e o que nos falte na despensa non se poderá achacar aos que reclamamos limpeza.

O Partido Popular baionés pode presumir de ser o único en manter a alcaldía no Val Miñor. Xunto a Oia é un baluarte popular rodeado de concellos socialistas e nacionalistas. A Deputación, en mans dos populares por un saquiño de votos, contribuirá ostensiblemente ao destacamento destes reductos a salvo da alternancia política. Cabería concluir que onde gobernan nacionalistas e socialistas a Xunta faría o propio, pero en Baiona non podemos ter queixa do comportamento da Administración Autonómica para con nós. Cartos para a depuradora, o centro de día, importantes inversións en Sabarís e non nos xestionarán a gardería municipal porque o PP non quixo.  No 2008 pediriamos aos populares un maior diálogo coa oposición entre Plenos e que intenten por todos os medios de acadar un plan xeral consensuado.

O PSOE baionés viviu un convulso 2007. A pesares de obter un impresionante resultado electoral que o consolidou como alternativa de poder e que tendería ao bipartidismo puro e duro, o seu cabeza de lista rendiuse e non estivo disposto a traballar outros catro anos sen contraprestación razoable. En verdade que Baiona precisa políticos con vocación de oposición, sobránnos os que desexan con demasiada ansia gobernar. Exemplos tivemos de partidos na oposición que fixeron unha labor importante para Baiona, como o grupo municipal de Esquerda Galega ou o BNG de Socorro Dacosta. Sen nengún destes dous casos hoxe en día o BNG non tería posibilidade algunha de optar a ser alternativa ao bipartidismo PP-PSOE. Logo da renuncia de Carlos de la Peña, o PSOE viviu unha transición apagada, en parte solapada polo Verán, para voltar con renovadas forzas ao panorama político. Cunha Executiva renovada e comandada por Arturo Pereira, aproveitaron a cuestión do PERI 5 para estar en primeira liña do debate, moi acertadamente, por certo. Agora mesmo non dan a sensación de fortaleza que mostraba o PSOE de De la Peña, pero é verdade que é máis PSOE que antes. Non podemos deixar de destacar a mala imaxe que deu non ver conformado definitivamente o grupo municipal con seis concelleiros e que finalmente se tivese que recurrir ao posto noveno para elo. Se tres das nove primeiras persoas dunha lista non consideran un privilexio exercer de concelleiro nunha corporación baionesa, non merecen máis que o desprecio do seu pobo e a incomprensión de porqué ir nunha lista electoral. Non somos inocentes e sabemos que nos tres casos ou sen entraba no reparto do pastel ou non había interés. No 2008 lles pediriamos o mesmo que aos populares e ademais que se sepan impor en debida forma aos seus compañeiros de partido en Santiago e que negocien o mellor para Baiona coa Xunta.

O BNG baionés, ese partido que non fai que darlle dores de cabeza aos dous grandes. Puido ser algo máis pero se malxestionou o periodo de goberno, o eterno mal nacionalista, e non conseguiron acadar un maior apoio popular. A febleza organizativa dos nacionalistas será a súa eterna carga. Namentres PP e PSOE fan alarde de presencia en cada aco relevante, os nacionalistas cóntanse cos dedos dunha man. É verdade que logo do cáseque nulo crecemento electoral se puxeron as pilas e veñen de impor o costume do boletín. Internet tamén está a ser unha ferramenta a empregar, a igual que os socialistas, ainda que a teñen un pouco oxidada de máis. O boletín está a causar sensación, ainda que non lles valerá de moito se non se produce un acercamento persoal, sobre todo nas parroquias. Poideron ser pinza logo das municipais, pero a imposición autonómica obrigaba a un voto de cara aos socialistas ou propio e o seu electorado pode que non o comprendese. Para o 2008 lles pediriamos novamente como a PP e PSOE e que pensen non consenso e non no rédito electoral á hora de falar de urbanismo. Os textos que se aproben no 2008 poden chegar a ser xestionados por eles mesmos, así que a cordura se terá que impor. Pero tamén nos gustaría poder ver un BNG organizado e activo, con xente capaz e centrados e, a igual que os seus compañeiros de viaxe, que teñan man esquerda cos conselleiros na Xunta e se preocupen de que Baiona sexa un exemplo de xestión nacionalista. Quizais así en Baiona poderemos saber que o "miragre nacionalista" é verdade ou somentes é unha ilusión óptica que se produce en casos puntuais.

En definitiva, feliz ano 2008 a todos e que os políticos non nos quiten a ilusión do cambio, pero non de políticos, senón de políticas.

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 12:34  

3 Comentarios »

  1. Comparto casi al 100% lo expuesto en esta entrada. No obstante, un par de apuntes.

    En primer lugar creo que es oportuno destacar que no es lo mismo “ser de derechas” que “votar derechas”. Y es que en Baiona se puede votar derechas pero no hay discurso de derechas!! Un ejemplo claro es internet o mismamente este punto de encuentro donde no hay ningún tipo de debate por parte de la derecha. Mientras que Psoe y Bng hacen política, tres o cuatro personajes de la derecha hacen y deciden y esperan pacientemente el “diezmo electoral”.

    En segundo lugar, y como diría Aznar “sin complejos”. El hito más importante de este año para Baiona han sido las elecciones. Estas elecciones han marcado un claro cambio de ciclo. El pueblo ha castigado duramente lo hecho en las legislaturas anteriores y ante la confusión ha votado bipartidismo. Lamentablemente, debían quedar favores por ahí que hicieron posible una aberración de pacto con el pasado del que el Sr Almuiña es máximo responsable. La dignidad, moralidad, etc hay que demostrarla día a día ¡no valen los rumores!

    Feliz Año 2008

    Comentario por Diego — 31 decembro 2007 @ 13:20

  2. ¿Falaríamos igualmente de aberración de pacto se fora PSOE-BNG con Manolo Vilar? É hipócrita maldecir a un e logo tentar pactar con el.
    Igualmente sucedeu con Chicho e a sensación que quedou na rúa é que todos os políticos buscan a mesmo e non é precisamente o ben para Baiona.

    Comentario por baionaconsciente — 2 xaneiro 2008 @ 13:19

  3. Decía Greeenspan: “Si han entendido lo que he dicho es que me han interpretado mal”. Sin embargo, yo creo que he sido bastante claro.

    Comentario por Diego — 2 xaneiro 2008 @ 16:16

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress