Os tempos son chegados
E ao fin sucedeu. Unha cornisa dunha casa en ruinas do Casco Vello viuse abaixo. Todos sabemos de máis de dúas e de tres casas que están na mesma situación. Hai unha semanas foi o incendio na Porta da Vila e onte foi en Ventura Misa, ao lado do Refuxio e en plena tarde. Temos a enorme sorte de que non sucedera un desastre mortal de pura casualidade.
O incríble é que non se considerase o inmoble en ruina ata o de agora. É evidente que ben non estaba, aínda que se lle culpe aos camións que pasaban preto para a realización de obras na Casa Carvajal. A casa do reloxo, o edificio fronte ao porto, enfronte ao Aloha (o caso do que falamos) e un sinfín de exemplos máis.
Non se pode decir que non se está nada a facer, xa que o PEPCHAB pronto se aprobará. Non queremos ser pesados, pero haberá que revisar as hemerotecas para saber porqué non se aprobou no seu día. Nós é que xa estamos fartos de decir qué non fixo qué en Baiona, a pesares da boa consideración que teñen todos con él, porque todos o querían ao seu lado no Goberno Municipal, ¿ou non?
O caso é que no novo PXOM e no PEPCHAB se establecen medidas de actuación ante a consideración de inmobles en ruinas. No anteproxecto da nova Lei de Vivenda da Xunta tamén se menciona a expropiación en caso de declaración de ruina e non rehabilitación. Mesmo temos lido novas de como a Consellería de Vivenda ten actuado no Casco Vello de Lugo, nunha zona onde agora viven estudantes en vivendas rehabilitadas, cun aluguer asequible, onde antes somentes cabían vigas de apuntalamento.
O malo das boas solucións é que son a longo prazo e, como xa temos dito infinidade de veces, iso non da votos, polo menos nas vindeiras Xerais. Temos claro que hai que facer algo, os políticos que nos representan deben ter moi clariño que a prioridade para Baiona no 2008 é a aprobación do PXOM e o PEPCHAB o máis axiña posible, calqueira impedimento absurdo conlevará un duro castigo electoral e de respaldo popular. Non se esquezan dunha cousa, nadie en Baiona quere manifestación polo PXOM, tentemos centrarnos, porque todo o mundo quere a paz, pero a paz que mellor lle conveña.
chuzame - 

En dos o tres ocasiones he observado cómo insistes en la necesidad urgente de que se aprueben ambos planes “o mais axiña posible”, como dices hoy. Nadie duda de que sea necesario aprobarlos, pero cada cosa lleva su tiempo. De momento, no se trata de aplazar todo a su aprobación ni de pensar que una vez aprobados ya está todo resuelto. Sin más. No lo creo. Creo, por el contrario, que (¿me atrevo?) el talante de los políticos tiene mucho que ver con todo esto. ¿Qué intereses se tienen en consideración? ¿Qué intereses priman? Los planes, en sí mismos, no son más que planes. Lo que hay que saber es si son buenos o malos, ¿no?
Comentario por Pepe — 24 xaneiro 2008 @ 12:20
Se insistimos na pronta aprobación é porque son documentos que xa tiñan que estar aprobados, polo menos no caso do PEPCHAB. Se o plan especial do Casco Vello se tivera aprobado e executado ao seu debido tempo, hoxe non estariamos falando de derrubes de edificios, porque os non rehabilitados se expropiarían e rehabilitarían a través da xestión pública.
É verdade que o PXOM está cumprindo os prazos razoables para a súa aprobación, pero un retraso como o producido en Vigo por tácticas políticas exprimiría as posibilidades de medre de Baiona, e non falamos pola somentes pola necesidade de solo para vivenda protexida ou porque se para a construcción de vivenda libre. É que non hai espazo para novas infraestructuras públicas e é a solución para regular a intercomunicación parroquial.
É evidente que si se nos presenta un PXOM que estableza edificios de catro alturas por doquier non sería xustificable a súa aprobación, pero polo que temos visto non é o caso.
Só queremos apelar á cordura de TODAS as partes, non máis electoralismo e sí máis consenso. ¿Tal difícil é?
Comentario por baionaconsciente — 24 xaneiro 2008 @ 19:00
No tengo tan claro que hubiera bastado aprobar el PEPCHAB para que se hubieran acabado las casas abandonadas y los incendios. Creo que los Ayuntamientos ya tenían facultades que hubieran podido ejercer si hubieran querido. También creo que el nuevo PEPCHAB, si el Concello no quiere, no cambiará nada, o muy poco. Todo depende del color con el que se mire (o con el que se actúe).
Comentario por Pepe — 24 xaneiro 2008 @ 20:16
Concordo contigo en que unha Lei non evita que en mans de incompetentes non valga para nada, pero polo menos se identifica mellor ao incompentente.
Comentario por baionaconsciente — 24 xaneiro 2008 @ 20:59
Por de pronto, depende de la voluntad política del Concello de turno el uso que se quiere hacer del Casco Vello: las famosas licencias y la vigilancia de su cumplimiento. Sorprende ver en la prensa de hoy cómo sale el señor Ezequiel Simons, presidente de ACEBA, al quite del derrumbe de cornisa de ayer. Me alegra comprobar con mis propios ojos que el presidente de ACEBA se siente de algún modo responsable de lo que pasa en este Casco Vello y obligado a intervenir. Es una intervención que pone las cosas claras: el Casco Vello hace tiempo que ha caido bajo la égida de ACEBA, la cual, como asociación sectorial, lógicamente mira para sí. Esta égida ha tenido por consecuencia el sacrificio de los residentes en aras de la “movida”. Y las consecuencias están ahí. Al menos el señor Simons da la cara por sus intereses. Lo que sorprende es que el señor Alcalde no haya considerado conveniente intervenir hasta ahora. Debe ser porque el pez es demasiado grande. Y de eso hablo cuando digo que el PEPCHAB es sólo una parte del juego: lo más importante es la voluntad política. Un saludo
Comentario por Pepe — 25 xaneiro 2008 @ 9:47